NOTICIAS A LIMIA | Aterra, un proxecto "pioneiro" de unión entre donos e demandantes de terras

Os concellos implicados no proxecto Aterra estiveron representados no acto. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Marián Novoa, do GDR Limia-Arnoia, deu a benvida ós asistentes.
Gumersindo Lamas, presidente do GDR Limia-Arnoia e alcalde de Sarreaus, dirixiuse ós presentes.
Isabel Santos, Carmen Álvarez, Iván Gil e Tonecho contaron as súas experiencias en proxectos agrogandeiros.
Tonecho, de Ganadería Balín de Verea.
Felipe Traveso, rexedor de Sandiás; e Antonio Míguez, alcalde de Vilar de Santos, estiveron entre os presentes.
A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez; e o rexedor de Baltar, José Antonio Feijóo; asistiron a este encontro.
Amador Díaz, concelleiro de Xinzo; e Manuel Conde, alcalde de Vilar de Barrio; estiveron na presentación.
Iván Gil, de A Vaquería nos Blancos.
Isabel Santos, de Cooperativa Bustelo de Xunqueira de Ambía.
Carmen Álvarez, da empresa Ecoleia de Allariz.
Eva González, xerente do GDR Limia-Arnoia, explicou o proxecto de Aterra.
Visor da web onde saen os municipios implicados en Aterra.
O alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos; a rexedora de Xinzo; Elvira Lama; Gumersindo Lamas e Inés Santé, directora xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta, en primeira fila.
Inés Santé deu resposta a algunhas preguntas xurdidas trala presentación.
Jaime Óscar Iglesias, alcalde de Baños de Molgas, fixo algunhas cuestións ao remate.

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia presentou esta mañá un proxecto "pioneiro" na contorna. Aterra ten por obxectivo unir a propietarios e a demandantes de terras que desexen poñer en marcha iniciativas productivas no ámbito rural. "Nós queremos recuperar terra agraria e que a xente se asente, que non se vaia. Temos o desexo de impulsar novos proxectos agrogandeiros no noso territorio", sinalou Eva González, xerente do GDR Limia-Arnoia.

Os 25 alcaldes dos concellos implicados en Aterra, das comarcas da Limia, Baixa Limia, Terras de Celanova e Allariz-Maceda, estiveron presentes na presentación deste proxecto que quere frear o abandono dos montes e do medio. "Esta iniciativa está pensada dende a base para estas comarcas e a nosa realidade", engadiu González.  Inés Santé, directora xeral de Desenvolvemento Rural da Xunta tamén participou nesta xornada.

Na presentación falouse do actual método de acceso ás terras, que pasa principalmente polo contacto con algún propitario, sexa familiar, amigo ou veciño, que as ceda dalgún xeito. Con Aterra, ofertantes e demandantes terán un punto de encontro onde poder atopar aquelo que precisan. "O GDR xestionará os datos das terras que están en oferta, xa sexa en cesión, aluguer ou venda, que se atoparán nunha plataforma dixital de acceso a aquelas persoas interesadas. O obxectivo é dar resposta á demanda de terra agraria", apuntou González.

Aterra conta con tres piares fundamentais. O primeiro é o asesoramento técnico que ofrecen os técnicos do GDR Limia-Arnoia a todas aquelas persoas interesadas no aluguer, venda ou cesión de terreos ou de negocios. O persoal xa traballa na creación dun minucioso mapa no que se detallen os usos actuais do solo e a súa ocupación. Tamén se identificarán aquelas áreas con maior demanda de terra agraria, as parcelas e os negocios dispoñibles para aluguer ou venda e aqueles axentes económicos interesados na xestión de terras agrarias.

O segundo serán as novas tecnoloxías. A web aterra.gal contén un visor, deseñado a medida para o territorio e de de fácil manexo, que permite conectar de maneira simple ás persoas demandantes de terra e ás persoas que ofrecen terras ou proxectos en marcha. Por último, fomentarase unha potente rede de contactos composta polos diferentes axentes sociais do territorio (técnicos municipais, representantes políticos, comunidades de montes, técnicos de oficinas agracias, asociacións profesionais,...), "claves" para o éxito deste proxecto ao ser o contacto directo cos demandantes e ofertantes de terreos.

Gumersindo Lamas, presidente do GDR Limia-Arnoia e alcalde de Sarreaus, explicou na súa intervención que Aterra "é un todo, un concepto global co que queremos recuperar a terra agraria e promover a creación de novas iniciativas agrogandeiras". No vindeiro ano esperan ter unha sólida base de datos sobre propietarios e demandantes.

Ademais, no acto de presentación de Aterra houbo catro testemuñas de persoas que se adican á agricultura ou á gandeiría nas comarcas implicadas no GDR Limia-Arnoia, que contaron as súas experiencias e dificultades nos seus proxectos. O primeiro en falar foi Tonecho, de Ganadería Balín en Verea; logo foi o turno de Isabel Santos, de Cooperativa Bustelos en Xunqueira de Ambía; para dar paso a Iván Gil, de A Vaquería nos Blancos; e rematou as intervencións Carmen Álvarez de Ecoleia, empresa que leva 30 anos de aproveitando o monte comunal para a produción de leite ecolóxica en Allariz.