GALERÍA | Gran éxito da pataca local no primeiro día da Feira Alimagro

A alameda do Toural co cartel da feira Alimagro. | FOTO: Laura Rodríguez.
Adecentando o recinto.
Rosendo Luis Fernández, vicepresidente da Deputación, no "stand" do entre provincial.
A Agrupación Musical da Limia.
José Antonio Chao, do Consello Regulador de Indicación Xeográfica Protexida da Pataca de Galicia.
Executivos de Coren.
María Elena Rúa de Patacas Carlos Casas.
Posto de patacas Fritas Guays.
Membros e socios da Casa da Pataca.
Traballadora de produtos Coren.
Membros da Cooperativa Barroso.
Gabriel Alén, delegado da Xunta en Ourense, foi obsequiado cunha bolsa de patacas fritas.
Decoración na feira Alimagro.
O subdelegado do Goberno, Emilio González Afonso, coa rexedora local, Elvira Lama, e Rosendo Luis Fernández.
A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado, segunda pola dereita, tamén estivo presente na inauguración.
José Antonio Marra de Sistemas de Riego Azul e Verde na feira Alimagro.
Patacas Fritas Guays
Patacas da Cooperativa Barroso.
Pinchos de xamón do bar Bando´s.
Pinchos de pataca do bar Bando´s.
Pinchos variados do bar Bando´s.
.
Croquetas de pataca feitas polo bar Bando´s.
Pinchos variados feitos polo bar Bando´s.
Mostra de patacas do Consello Regulador de Indicación Xeográfica Protexida da Pataca de Galicia.
Maquinaria Agrícola Cancela.
Maquinaria Agrícola Suárez.
Maquinaria Agrícola Suárez.
Ramón Lamelo de AGACAL na Xornada sobre Produción Ecolóxica na feira Alimagro.
.
Lidia Osorio de AGACAL na Xornada sobre Produción Ecolóxica na feira Alimagro.
.

Hoxe ás 9:00 da mañá daba comezo a II edición da Feira do Agro Ailmagro na casa da Cultura de Xinzo de Limia cun curso sobre as posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica. Na primeira toma de contacto, Ramón Lamelo, -integrante de AGACAL-  expuxo unha introdución teórica ao mundo do cultivo ecolóxico, amosándolle ao público como facer as súas explotacións máis sostibles. Posteriormente, Lidia Osorio, -tamén integrante da asociación- levou a cabo unha explicación sobre o regulamento da produción ecolóxica e etiquetado dos produtos, ademais do novo regulamento aplicado.

Ás 10:00 horas, o recinto feiral situado no Pavillón de Deportes Municipal do concello abría as súas portas ao público. Aproximadamente 34 expositores de entidades relacionadas directa ou indirectamente co mundo agrario iniciaban a súa xornada para promocionar os seus produtos e servizos.

Sobre as 12:30 do mediodía, a Agrupación Musical da Limia iniciaba un pasarrúas dende a alameda do Toural ata a Rúa Dous de Maio -enfronte da entrada do pavillón- para anunciar a inauguración do evento. Unha vez rematada a actuación, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, acompañada do concelleiro de Medio Rural, Amador Díaz, e diversos invitados máis, adentrábanse no recinto feiral para saudar e dar a benvida aos participantes na exposición e aos demais asistentes.

Media hora despois comezaba a esperada degustación de produtos locais. Na mesa ofreceuse unha enorme variedade de pratos feitos, en gran parte, a partires de pataca. A actividade gozou de gran éxito entre o público, pois unha gran cantidade de curiosos acercouse á mesa co obxectivo de probar diversos pinchos.

No día de hoxe poderase entrar ao recinto ata ás 21:30 horas e volverase a ofrecer unha degustación de receitas con pataca cara ás 19:00 horas da tarde.

Durante a fin de semana a feira abrirá ao público de 10:00 á 21:30 horas. No sábado haberá novamente dúas sesións de degustacións á 13:00 e ás 19:00, e sobre as 20:00 da noite o Coro Aimil Folck de Xinzo de Limia amenizará a velada con cantigas populares galegas. O domingo ás 11:00 da mañá levarase a cabo o esperado percorrido da xugada de vacas polo recinto e media hora despois impartirase un obradoiro de gastronomía saudable a sostible. Finalmente, ás 20:00 horas a Banda de Gaitas da Limia realizará un concerto no recinto.