Xoves. 28.03.2024

O Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (Miteco) vén de facer pública no BOE do pasado sábado a actualización (cuatrienal) da localización das augas afectadas pola contaminación ocasionada polos nitratos e, en especial, polos de orixe agraria, así como das augas que poderían verse afectadas por esta contaminación se non se toman medidas.


O mapa sinala dous puntos no encoro das Conchas como augas afectadas en encoros, os dous nos termos municipais de Bande Muíños: un no curso do río Limia, aproximadamente á altura de Güimil (Muíños), e outro na zona de Porto Quintela (Bande) e Mugueimes (Muíños), segundo a versión dixital que publica hoxe a web ministerial.


Tamén están sinaladas dúas masas de auga subterráneas na zona de San Pedro de Laroá (Xinzo) e na zona de Cardeita (Sandiás). Nesa mesma versión, hai ademais tres masas de auga superficiais sinaladas: no Limia en Porto Alto (Xinzo), na canle da Lagoa en Vilar de Santos e no río de Nocedo na zona de Rebordechá (Xinzo). 


Como explicou hai unhas semanas ao Diario do Limia o presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga: "O seguinte paso sería a declaración de zona vulnerábel por parte de quen ten as competencias. Quen ten as competencias é a comunidade autónoma. E dálle unha marxe de tempo, eses tres anos, que pode parecer unha eternidade".

Mapa zonas declaradas vulnerábeis. Ningunha en Galicia
Mapa zonas declaradas vulnerábeis. 

 

“La información sobre la que se sustenta este mapa es, sin alteración alguna, la notificada a la Unión Europea a finales de 2020, en aplicación de la Directiva 91/676/CEE del Consejo, de 12 de diciembre de 1991, relativa a la protección de las aguas contra la contaminación producida por los nitratos utilizados en la agricultura. Dicha información está referida al cuatrienio 2016-2019”, explica o MITECO nun comunicado difundido este martes.

“Con esta publicación de aguas afectadas empieza a contar el plazo en el que las comunidades autónomas deberán revisar la delimitación de las zonas vulnerables declaradas y, en su caso, los programas de actuación y los códigos de buenas prácticas agrarias con los que hacer frente a este tipo de contaminación. Dichas revisiones deberán, además, considerar las medidas incluidas en los nuevos planes hidrológicos para alcanzar los objetivos ambientales requeridos por la Directiva Marco del Agua en las masas de agua y zonas protegidas”, engade a nota de prensa ministerial.

NOTICIAS A LIMIA | O Miteco sinala cinco masas na Limia e dous puntos no encoro das...