viernes. 13.12.2024

No Boletín Oficial da Provincia de Ourense (BOP) publicáronse o mércores día 15 a convocatoria e as bases de selección para a contratación dun chofer de tractor rozadoira e outra maquinaria no Concello de Trasmiras. O prazo para a presentación de solicitudes remata hoxe. Poden presentarse na Casa do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas.


Ademais da oferta de Trasmiras, outros tres concellos da comarca da Limia (Baltar, Rairiz e Porqueira) teñen abertas convocatorias de empregos estes días. En Baltar, publicada no BOP do día 17 de xuño, ofértanse catro prazas de traballadores/as “para prestar servizo como peóns de servizos múltiples”, cun contrato laboral temporal a xornada parcial (32,5 horas semanais) e catro meses de duración. O sistema de selección é de concurso-oposición, e o prazo para presentar as instancias remata o próximo luns.


Tamén en Baltar está en vigor a convocatoria dunha praza de chofer de máquina rozadoira. O contrato laboral é temporal a xornada parcial (32,5 horas semanais) durante catro meses. E o sistema de selección é por concurso de méritos. O prazo remata o día 28, martes. 


No Concello de Rairiz de Veiga, e publicadas nos BOP do 18 e do 20 de xuño, está aberta a convocatoria para a contratación por concurso oposición de peóns, e outra para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais. No caso da primeira, o prazo remata o próximo luns. Para as brigadas, cun contrato de duración determinada por circunstancias da produción e a xornada completa, o prazo para as solicitudes termina o martes, día 27.


Finalmente, no caso do Concello de Porqueira a oferta, publicada no BOP do 21 de xuño, refírese á contratación laboral temporal de unha praza de persoal de limpeza. A duración do contrato é de 3 meses, e o prazo de presentación das solicitudes, 5 días hábiles, comeza a contar hoxe.  

NOTICIAS A LIMIA | Ofertas de emprego dos concellos de Baltar, Porqueira, Rairiz e...