A alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, mantivo unha reunión co conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, para analizar posibles vías de colaboración entre a Xunta de Galicia e o municipio de Porqueira.
Na xuntanza, abordáronse as principais necesidades do concello, facendo especial fincapé na mellora das infraestruturas e servizos públicos, así como na execución de proxectos que favorezan o desenvolvemento local.

Esta iniciativa forma parte do compromiso da Xunta coa cooperación institucional e o apoio ás entidades municipais para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. O conselleiro reiterou a disposición do seu departamento para estudar as propostas presentadas e buscar solucións adaptadas ás características de cada municipio.