sábado. 20.04.2024

A parroquia de Morgade, con 370 veciños, das máis poboadas do municipio limiao, conta cunha EDAR propia (Estación Depuradora de Aguas Residuais) que nunca chegou a poñerse en funcionamento, polo que continúa vertendo as súas augas residuais sen tratar. 

Esta EDAR, sen embargo, non é operativa, posto que, a pesar de dispor dun bombeo de entrada que resolvía o problema de desniveis na zona, o seu emprazamento dificulta que a Confederación Hidrográfica Miño-Sil poida autorizar o seu verquido ao medio sen engadir sofisticados e custosos sistemas de depuración, xa que se fai nunha zona onde non se ten suficiente cunca que permita a dilución das augas tratadas.

É por iso que se proxectou, xa dutrante o anterior goberno municipal, a canalización das augas residuais da localidade de Morgade á EDAR de Xinzo, actuación para a que xa existe proxecto, pero que está paralizada dende 2018.

Así -segundo afirma a rexedora municipal, Elvira Lama Fernández-, unha parte do pobo verte a unha fosa en mal estado, parcialmente colmatada, con o conseguinte risco para a saúde pública, desprendemento de malos olores e verquido á cuneta dunha pista de concentración parcelaria.

Un proxecto rematado e abonado

O proxecto para conectar a rede de saneamento de Morgade á EDAR xeral de Xinzo, e evitar así as continuas sancións da Confederción Hidrográfica Miño-Sil, está rematado. Foi redactado polo anterior grupo de goberno e sufragado por Augas de Galicia, ente dependente da Consellería de Infraestruturas, no ano 2018.

No documento xustifícase a necesidade da actuación: “A fosa séptica existente na parte oeste do núcleo está parcialmente colmatada, polo que non funciona correctamente. Esta instalación desprende malos olores e as augas residuais que recolle as verte á cuneta dunha pista de concentración parcelaria, nun punto moi próximo. Dada esta problemática é polo que resulta necesaria realizar a mellora do sistema de saneamento do núcleo, de tal forma que se garanta o tratamento de depuración previo ao seu vertido final ao medio”.

Debe terse en conta que hai terreos de cultivo ao carón das cunetas .

Un longo proceso en curso

Envióuse estes días escrito, dende o goberno municipal e dirixido a  Augas de Galicia, reiterando a imperiosa necesidade de levar a cabo esta actuación para a que xa existe un proxecto.

Xa o 01 de marzo, en reunión telemática entre alcaldesa de Xinzo e a directora de Augas de Galicia, Teresa María Gutiérrez, abordouse esta problemática, coa resposta por parte da institución autonómica de que non había dotación orzamentaria para levar a cabo o proxecto.

A conselleira de infraestructuras, Ethel Vázquez, xa trasladara co concello idéntica resposta en outubro do 2019.

Ante o argumento das institucións involucraadas, Elvira Lama alegou que "Dado que a redacción do proxecto foi encargado e pagado pola entidade que vostede dirixe, considero que tamén é de xustiza reiterar a solicitude de co-financiamento das obras para a execución das mesas”. E apuntando directamente ao financiamento, engade a proposta de que o concello asuma o 20% do orzamento das obras requeridas, vistas as graves dificultades que actuais.

Na última comunicación por parte do concello insístese en que o presuposto non é motivo para non levar a cabo a actuación.

Negociacións sen éxito

Polo momento nada se fixo para eliminar a fosa séptica que recibe vertidos das 20 familias da poboación.

As obras proxectadas en 2018 teñen como finalidade conectar a rede de saneamento de Morgade coa rede xeral de Xinzo, para o tratamento das súas augas na EDAR de Xinzo de Limia. Nos últimos anos, nesta instalación realizáronse varias actuacións de mellora do tratamento das augas e o Ministerio de Medio Ambiente chegou a executar as obras de mellora da capacidade de eliminación de nutrientes para cumprir os estándares de calidade.

Nembargantes, o sistema de saneamento da parroquia segue a ser deficitario, cunha fosa séptica onde se dirixen os vertidos desta poboación.

O Concello reclama a Augas de Galicia a canalización do saneamento de Morgade á EDAR de...