Xoves. 28.03.2024

Carmen Rodríguez Dacosta, a portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, levou á Comisión de Agricultura que se a celebrou este venres 10 de marzo, unha pregunta oral para reclamarlle á Xunta que remate despois de máis de 30 anos coa entrega de títulos da concentración parcelaria do Concello de Cartelle, que aínda non foron despachados maila ter rematado entre os anos 2006 e 2007. 

O pasado 15 de abril de 2022 o Grupo Parlamentario Socialista defendía en Comisión unha proposición non de lei referida á situación que afecta ó municipio de Cartelle, e é que tras iniciarse no ano 1993 o proceso de concentración parcelaria máis de mil persoas propietarias continúan sen recibir os seus títulos de propiedade.

Foron máis de un milleiro de veciños e veciñas os que destinaron as súas fincas a esta concentración parcelaria buscando sacar produtividade destas terras, mais o proxecto quedou completamente abandonado pola Xunta de Galicia.

Unha problemática que se arrastra durante as últimas dúas décadas e que provoca graves problemas aos propietarios e propietarias, xa que non dispoñen dunha escritura que certifique a titularidade dos seus terreos, obrigándoos deste xeito a que teñan que desprazarse ata ás oficinas agrarias en busca dunha certificación cada vez que precisan solucionar algún problema relativo coas súas parcelas.

A proposta de resolución cuxo texto literal era: “O Parlamento de Galicia insta ó Goberno galego a que solucione, de forma urxente, a problemática que sofren os veciños e veciñas do municipio de Cartelle na provincia de Ourense, que a pesar de rematar a concentración parcelaria entre o ano 2006 e 2007, aínda non dispón dos títulos de propiedade” , foi aprobada por unanimidade polos tres grupos políticos: Partido Popular, Bloque Nacionalista Galego e Partido dos Socialistas de Galicia.

Pese a este suposto acordo en sede parlamentaria a situación segue a ser a mesma, feito polo que Carmen Rodríguez e Martín Seco, ambolos dous deputados do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, asinaban as seguintes preguntas ante a Mesa para o seu debate en Comisión.

"Que pasos deu a Conselleria de Medio Rural dende xuño de 2021 ata a actualidade en relación ca entrega de títulos da concentración que afecta o municipio de Cartelle?

Por que os títulos de propiedade non foron entregados?

Cando vai a proceder o Goberno galego a entrega dos mesmos?"

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, sinalou que os veciños e veciñas “precisan solucións e prazos concretos” para rematar o proceso de concentración e esixiulle á Xunta que resolva unha situación “inadmisible nos tempos que corren”. Ademais, advertiu que o Goberno Galego está a incumprir a proposta do PSdeG e aprobada no Parlamento en marzo de 2021, hai xa dous anos.

O PSdeG esixe a entrega inmediata dos títulos de propiedade da parcelaria de Cartelle