lunes. 09.12.2024

O Concello de Xinzo de Limia acaba de informar da publicación dunha notificación colectiva do decreto de alcaldía no que se expón a baremación definitiva dos méritos e da puntuación total do proceso selectivo de alumnos traballadores dos postos de albanería e xardinería encadrados dentro do Obradoiro de Emprego Vía da Prata.

Especifícanse os aspirantes seleccionados para as especialidades de xardinería e albanelería, distribuídos xa según o concello no que traballarán, sendo doce para Xinzo de Limia -seis de cada categoría laboral- , e catro para Sandiás -dous en cada clasificación- . Tamén se amosan a tres participantes que permanecen coma reservas.

Pódese recurrir ante a publicación, ben mediante un recurso de reposición potestativo ante a alcaldía de Xinzo de Limia -tendo como prazo límite un mes- , ou interpoñendo directamente un recurso contencioso administrativo ante o xulgado do Contencioso Administrativo de Ourense -dentro do prazo de dous meses- .

NOTICIAS A LIMIA | Selecciónanse a 14 mulleres e a dous homes coma alumnos...