sábado. 27.04.2024

A Consellería do Medio Rural organiza, para o vindeiro luns 22 e martes 23 de novembro, un curso de tramitación administrativa centrado na Sede Electrónica da Xunta e a Oficina Virtual Gandeira. As sesións realizaránse na Casa da Cultura do Concello de Xinzo de Limia, en horario de 15:30 a 20:30 horas, e estarán impartidas pola Oficina Agraria Comarcal da localidade.

A iniciativa está dirixida a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores da agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

O obxectivo do programa é impulsar o uso dos medios electrónicos no medio rural. Para isto, formarase aos interesados na realización de diversos trámites, tanto a través da sede electrónica da Xunta como da Oficina Virtual Gandeira.

Ademais destos portais, trataranse cuestións como a Chave 365 e o Certificado Dixital, a guía de procedementos e servizos, solicitudes modelos xenéricos e o sistema de notificacións electrónicas Notifica.gal.

A Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas para este ano 2021 que pode consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Na páxina poderase atopar o curso mencionado e xunto ás solicitudes de asistencia correspondentes, que deberán remitirse cubertas ao enderezo electrónico: [email protected]. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 988 788 358.

NOTICIAS A LIMIA | Medio Rural ensinará aos limiáns como operar coa Oficina Virtual...