viernes. 04.10.2024

"Temos 6 solicitudes sobre a mesa e unha delas xa pagou as taxas polo que a apertura é inminente", di Manuel Pérez, concelleiro de Promoción Económica, durante unha visita este venres á praza de abastos. O goberno local traballa para estimular a actividade comercial nun espazo no que actualmente hai ocupados e en funcionamento 6 locais (pronto serán 7) dos 29 dispoñíbeis. 

A nova tenda venderá carnes de produtores da comarca agrupados nun colectivo de gandaría en extensivo. Será un empurrón para a oferta que presenta actualmente a praza. O resto das solicitudes seguen en trámites. 

"Os pequenos comerciantes sofren a redución da demanda a causa da pandemia e seguen a sufrir a competencia das grandes superficies", explica o concelleiro, que quere abrir a praza a outras actividades: hostalaría, por exemplo, "coa finalidade de facela máis dinámica e atractiva para que se instalen máis negocios de alimentación".

No horizonte inmediato está mudar a ordenanza que regula o acceso aos postos, unha norma que vén de 1998, cando o mercado de abastos abandonou o edificio do actual Museo do Entroido para trasladarse ao novo, a só uns metros. A praza viviu tempos mellores, mais Manuel Pérez ten confianza en reverte a situación. 

"É preciso cambiar esa ordenanza que determina o uso específico de cada posto. A día de hoxe está obsoleta. Temos que ser máis flexíbeis. O alugueiro é asumíbel e os comerciantes tamén se benefician da exención de taxa de apertura que aplicamos desde o 2020 e seguiremos aplicando este ano".

Fátima. Praza de abastos. AlimentaciónFátima, a praceira máis veterana do mercado.

A venda de produtos de alimentación seguirán tendo prioridade na concesión dos postos, indica o concelleiro, mais con tres cuartas partes, 22 postos, aínda baleiros, o departamento que dirixe Manuel Pérez comprometese a "estar aberto a todo o que poida mellorar a oferta comercial da praza en beneficio de todas as praceiras". Nuns meses, di, debería estar lista a ordenanza. "E inmediatamente levarémola ao pleno. Penso que a oposición tamén estará de acordo".

Patricia. Praza de abastos. AlimentacióPatricia, diante da súa peixería.

É preciso cambiar esa ordenanza que determina o uso específico de cada posto. A día de hoxe está obsoleta. Temos que ser máis flexíbeis" (Manuel Pérez, concelleiro de Promoción Económica)

Pérez está preocupado pola situación do sector da alimentación en Xinzo. "É do que máis sofre as consecuencias da pandemia xunto a hostalaría e o téxtil, o comercio de roupa". Desde o goberno local, ademais de manter a exención de taxas para as aperturas de novos negocios, "foron poucas nestes dous anos de pandemia", continuarán coa política de subvencionar a taxa do lixo para os autónomos e non cobrar pola instalación de terrazas na rúa. "Iso si, que os hostaleiros non se esquezan de solicitar o permiso. Segue sendo requisito".

Víctor. Praza de abastos. AlimentaciónVíctor, este venres na praza de abastos no posto de froita ecolóxica.

Os praceiros de primeira hora acceden a compartir a fotografía co concelleiro. Hai sintonía. Despois, posan para a cámara do Diario do Limia. É cedo, mais xa aparece a primeira clienta deste venres. 

NOTICIAS A LIMIA | Un novo posto para a praza de abastos e unha nova ordenanza "en...