lunes. 09.12.2024

Según información obtida do BOP de Ourense, o Concello de Rairiz de Veiga vén de aprobar as bases dunha bolsa de emprego destinada á ocupación laboral de auxiliares de axuda no fogar. As funcións do posto desenvolveranse durante o vindeiro ano 2022 no propio municipio limiá.

A oferta publicouse coa finalidade de dispoñer de persoal disposto a cubrir as necesidades do servizo, e para ocupar o lugar de renuncias, baixas, vacacións, permisos e outros cesamentos temporais de prestación de servizos dos traballadores.

O contrato laboral que se formalizará será temporal, por obra ou servizo determinado. Estará regulado polo artigo 15.1ª do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo RD lexislativo 2/2015, do 23 de outubro -TRLET- . A xornada laboral estipularase segundo as necesidades do servizo -de luns a domingo, festivos incluídos- , e do mesmo xeito se procederá a especificar a súa duración. O sistema de elección de persoal será a concurso.

As tarefas que se realizarán serán as indicadas na Ordenanda reguladora da prestación do servizo de axuda no fogar do Concello de Rairiz de Veiga -BOP Nº 177, do 03/08/2013, BOP Nº 215, do 18/08/2014, e BOP Nº 268, do 21/11/215- .

Para ver as bases da convocatoria e as sucesivas novas da oferta deberase entrar na propia páxina do concello ou ben acudir ao tablón de anuncios do municipio.

NOTICIAS A LIMIA | Rairiz de Veiga busca auxiliares temporais de axuda no fogar