martes. 10.12.2024

Actualmente estanse a realizar diversas medicións e probas na presa de Gudín co obxectivo de saber cal é o estado estrutural no que se atopa e así proceder a licitación das futuras obras para o seu derrubamento.

Esta semana, o traballo que se leva a cabo no embalse correspóndese coa realización de diversas probas para determinar o grao de resistencia do formigón que a conforma.

Probas para ver a resistencia do hormigón na presa de Gudín

Dende o pasado mes de abril, a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil, informaba dos plans de demolición da presa ao confirmar a firma dun convenio co propio Concello de Xinzo de Limia para a financiación e execución das obras. Unha inversión que suporía un total de 1,2 millóns de euros, no que a confederación aportaría un 80 % -960.000 euros- e o concello só o 20% -240.000 euros- .

As entidades colaboradoras resaltan que a presa non conta coas labores de mantemento necesarias nin dispón dun Plan de Seguridade, o que suporía un risco a largo prazo no momento en que comezara o seu deterioro. Tamén alegan que a construción é un obstáculo transversal que impide a conectividade ecolóxica do río Faramontaos, perxudicando así ao ecosistema acuático.

Moitos dos veciños da zona mantéñense nunha postura oposta ao plan de derrumbamento resaltando o importante papel que xoga a presa no relativo á extinción de incendios. A zona de Gudín atopase próxima a núcleos dunha actividade incendiaria considerable e a eliminación do embalse obrigaría aos helicópteros anti - incendios a desprazarse e perder tempo no traxecto. A pesares de que a presa leva anos sen función algunha, resulta ser un recurso moi práctico e seguro á hora de ter opcións dispoñibles no caso de haber lume.

NOTICIAS A LIMIA | Realízanse probas para determinar o estado estrutural da presa de Gudín