miércoles. 09.10.2024

O Concello de Xinzo de Limia, como entidade adxudicadora, convida a todos os interesados a presentar as solicitudes para a concesión de dominio público dos postos 10,12, 13 e 16, destinados á venda de carne e peixes na Praza de Abastos. O procedemento desta licitación está aberto a calquer empresario interesado, sendo o maior canon ofertado o único criterio de adxudicación. 

A cantidade mínima que cómpre aboar son 99,73€ ao ano. O prazo de concesión é dun total de dez anos. Asimesmo, esíxense garantías, como concepto de fianza, duns 199,46€ para os postos. Hai un prazo de 30 días hábiles para presentar as ofertas para todos os interesados. 

Saen a concurso catro novos postos na Praza de Abastos de Xinzo