lunes. 29.04.2024

Evento

AXENDA | Xuntanza para falar sobre saúde e alzheimer

21/9/23 a 21/9/23
18:00 a 19:00
Aula 2 da Casa da Cultura de Xinzo
Xuntanza de promoción da saúde que terá lugar este xoves na Aula 2 da Casa da Cultura de Xinzo, organizada pola Escola Rural de Saúde da Limia.
Xuntanza de promoción da saúde que terá lugar este xoves na Aula 2 da Casa da Cultura de Xinzo, organizada pola Escola Rural de Saúde da Limia.

A Escola Rural de Saúde da Limia organiza unha xuntanza de promoción da saúde que terá lugar este xoves na Aula 2 da Casa da Cultura de Xinzo, ás 18:00 horas. Neste encontro presenteranse os programas que a entidade levará a cabo no 4º trimestre do ano, pero tamén se conmemorará o Día Mundial do Alzheimer. A xuntanza servirá para falar desta enfermidade, dos recursos que existen e do que supón para as persoas coidadoras dos que a sofren.

 

O lema deste ano é "Nunca é demasiado tarde, nunca é demasiado pronto", co que se buscan concienciar e sensibilizar sobre esta enfermidade dexenerativa. A Escola Rural de Saúde traballa para que os maiores estimulen a súa memoria, polo que contan con sesións de exercicios para desenvolvela e fortalecela, pero tamén dispoñen doutras que fan con dinámicas de grupo. Ademais, a orientadora Rosa Trujillo ofrécelles atención personalizada os mércores ás 11:00 horas no espazo da escola na Casa da Cultura.

 

Algunhas das actividades que desenvolven lévanas a outras localidades e tamén a aldeas de Xinzo, xa que contan co apoio do Concello limiao, do de Sarreaus, do de Porqueira e do de Baltar. A Deputación é outro organismo que apoia á Escola Rural de Saúde, ao igual que asociacións de veciños que permiten que cheguen máis alá nas zonas rurais.

 

Esta xornada contará coa participación da enfermeira Elisa Cadaya; da especialista na Área de Saúde da escola, Rosa Trujillo; e da coordinadora da mesma, Lola Rico. O evento está dirixido a todas as persoas e os interesados en asistir poden inscribirse previamente no teléfono 603 78 44 35 ou a través do enderezo electrónico [email protected].