sábado. 27.04.2024

Evento

AXENDA | Mercado de Artesanía e Produto Local en Vilar de Santos

22/12/22 a 22/10/23
12:30
2023 10 22 mercado vilar de santos

O vindeiro domingo 22 de outubro, Vilar de Santos acolle o décimo aniversario do seu Mercado de Artesanía e Produto Local. Unha edición que contará cunha variada programación. 

Dez anos apoiando emprendemento que aposta pola economía local, por outras canles de comercialización que garanten mellores condicións tanto para quen compra como para quen vende.

Programación

  • 12:30 h – Demostración do traballo do liño. Concerto das Xingras da Arca. No Museo da Limia.
  • 13:30 h – Concerto: As Terreiras. Na Arca da Noe.
  • 16:00 h – Contos para nenos e nenas con Inma Soto: «Quen é Xela?». No Museo da Limia.
  • 17:00 h – Conversa: «Pasado, presente e futuro do liño», con Asociación de Mulleres Rurais Arracada, Mercedes de Lumecú e PAL.lium. No Museo da Limia.
  • 19:00 h – Mostra de roupa de liño. No Museo da Limia.
  • 19:30 h – Presentación da Revista Galega de Educación, publicación de Nova Escola Galega: «Andar cos tempos das músicas». Na Arca da Noe.
  • 20:00 h – Concerto: A Banda da Loba. Na Arca da Noe.