jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | O espectáculo "Camiñantes e Cantantes" chega a Xinzo

25/7/23 a 25/7/23
21:00 a 23:00
Barrio do Polígono 2 de Xinzo
Cartel do espectáculo musical "Camiñantes e Cantantes" que terá lugar o vindeiro 25 de xullo en Xinzo.
Cartel do espectáculo musical "Camiñantes e Cantantes" que terá lugar o vindeiro 25 de xullo en Xinzo.

A programación cultural de verán en Xinzo contará cun especial espectáculo musical este 25 de xullo, Día de Galicia. "Camiñantes e Cantantes", de La Ocaband, fará unha parada na vila, concretamente no barrio do Polígono 2, na rúa Río Arnoia.

 

Esta proposta contará coa participación de Manuel Manquiña, Pepo Suevos e Pili Pampín que, xunto cos membros da formación musical, cantarán e bailar coa música galega, uníndoa co Camiño de Santiago. A entrada é libre e o espectáculo comezará ás 21:00 horas.

 

Antes, ás 20:30 horas, terá lugar a tradicional ofrenda florar no Parque de Galicia. A formación de música tradicional Tarde Piache acompañará neste simbólico acto.