Evento
AXENDA | Charla sobre o cultivo da pataca no Polo de Emprendemento de Pazos

Este xoves 23 de xaneiro o Polo do Emprendemento do polígono de Pazos acolle unha interesante charla para todos aqueles agricultores da comarca de Monterrei que teñan interese en iniciarse no cultivo da pataca, ou mesmo amplialo se xa o son.
Asistirá, como ponente, o presidente da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia, José Manuel Gómez Gómez, que estará acompañado por un produtor da zona, José Casares Ramos. Tamén estará Antonia Calvo, a produtora da comarca da Limia que vén de ser nomeada a mellor do ano a nivel nacional pola Revista Campo.
A charla, que leva por título "O cultivo da pataca na comarca e área de influencia" comezará arredor das 11:00 horas e rematará cara o mediodía cun viño e unha tortilla de pataca -ou varias- elaboradas por un mestre da súa cociña, o hostaleiro verinense Manuel Fernández, fundador e xerente de O'Fiadeiro; con patacas da indicación xeográfica protexida, como non podería ser doutro xeito.