martes. 30.04.2024

Evento

AXENDA | A Asociación Contra o Cancro organiza un curso de iniciación ó óleo

30/4/24
Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
curso iniciación óleo xinzo02

A Asociación Contra o Cancro pon en marcha unha nova actividade dirixida a pacientes dentro do seu programa de servizos e recursos ás persoas diagnosticadas na comarca da Limia.

Coa colaboración da Concellería de Saúde e Servizos Socias do Concello de Xinzo de Limia, da comezo o "Obradoiro de iniciación ó óleo" neste mes de outubro.

O curso terá lugar na Casa da Cultura de Xinzo, sita na rúa Curros Enríquez da vila, todos os martes en horario de tarde. Dende as 16:30 horas os participantes poderán introducirse no mundo da pintura coa técnica do óleo.

Unha actividade que busca achegar os beneficios terapéuticos da expresión artística ós pacientes como vía de axuda para levar o seu diagnóstico. Para participar deberase realizar a inscrición no teléfono: 685 728 039.