viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Xornada de "escape room" en Xinzo

20/7/23 a 20/7/23
11:00 a 20:00
Praza de San Roque de Xinzo
Cartel do Circo do Silencio que terá lugar o 20 de xullo en Xinzo.
Cartel do Circo do Silencio que terá lugar o 20 de xullo en Xinzo.

O vindeiro xoves 20 de xullo haberá unha xornada de "escape room" en Xinzo. A actividade está incluida dentro do Programa Falaredes, proxecto cofinanciado pola Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística. A veciñanza de Xinzo poderá disfrutar da programación do Circo do Silencio durante toda a xornada do xoves en quendas de media hora.

 

Terá lugar de 11:00 a 20:00 horas na Praza de San Roque e está pensada para tódolos públicos, polo que é ideal para unha xornada familiar ou entre amigos. O Circo do Silencio vaise desenvolver en 10 concellos da Rede de Dinamización Lingüística nunha carpa circense que se instalará na rúa.

 

Os participantes interpretarán un grupo de detectives responsables de investigar o roubo de palabras que se produciu no circo. Terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ó circo.