domingo. 26.05.2024

Evento

AXENDA | Xinzo celebra a III Gala do Deporte

28/12/23
19:30
Pavillón de deportes de Xinzo de Limia.
gala do deporte xinzo 20231228

Por terceiro ano, o Concello de Xinzo de Limia celebrará a Gala do deporte para premiar a deportistas, entidades ou clubs destacados ao longo deste ano, aos que se lles recoñecerá públicamente polo seu esforzo, dedicación e entrega. 

A cerimonia terá lugar o vindeiro 28 de decembro, a partir das 19:30 horas, no Pavillón dos Deportes de Xinzo.

O obxectivo deste evento é transmitir os valores do deporte aos máis pequenos e á poboación en xeral e fomentar a práctica deportiva. A cerimonia será presentada por Patricia Santana e Pablo Ríos e contará coas actuacións de Diana Tarín e Héctor Lorenzo.