Evento
AXENDA | Presentación do libro “Pero... Como morren as pegas?” na Biblioteca de Xinzo
18/4/25
a
18/4/25
20:00
a
21:30
Biblioteca Pública de Xinzo

16 de abril de 2025, 19:00
O venres 18 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar na Biblioteca Pública de Xinzo de Limia a presentación do libro “Pero... como morren as pegas?” do autor Óscar M. Guzmán, obra gañadora do Premio de Novela Vilar Ponte 2023, publicada por Editorial Galaxia.
O acto contará coa participación do autor e coa intervención de Antón Jardón, coordinador do Museo da Limia, que acompañará a presentación.
A actividade está organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Xinzo de Limia e enmárcase dentro da programación cultural promovida para o fomento da lectura e o apoio á literatura galega contemporánea.
A entrada é libre ata completar aforo.
