Evento
AXENDA | As máscaras na tradición galega chegan ao MUGAE

O Museo Galego do Entroido, en Xinzo de Limia, acollerá o vindeiro venres 7 de febreiro ás 20:30h a conferencia “Máscaras en Galicia: máscaras de Entroido, Corpus e outras festas”, a cargo do historiador e especialista en etnografía Julio I. González Montañés.
O evento contará tamén coa presentación de X. Anxo Rosales, etnólogo e membro da SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega). A charla abordará o papel das máscaras na tradición galega, dende o Entroido ata outras festividades como o Corpus, explicando a súa evolución e significado cultural.
A iniciativa está organizada polo Concello de Xinzo de Limia, a través da súa Concellería de Cultura, en colaboración co Museo Galego do Entroido e a Sociedade Antropolóxica Galega.

A entrada é libre ata completar aforo.