jueves. 02.05.2024

Evento

AXENDA | Mouros e cristiáns enfróntanse nunha dura batalla na Romaría da Saínza

24/9/23 a 24/9/23
11:00 a 20:15
Rairiz de Veiga
Cartel da Romaría da Saínza, en Rairiz de Veiga.
Cartel da Romaría da Saínza, en Rairiz de Veiga.

A Romaría da Saínza chega á súa fin este domingo, no que mouros e cristiáns recrearán unha vez máis unha cruenta batalla. A xornada contará con diversas actividades ao longo do día e rematará coa gran actuación do Combo Dominicano.

 

Programación

  • 11:00 horas: descarga de bombas de palenque.
  • 11:30 horas: alborada coa charanga Los Támega.
  • 12:15 horas: procesión dende a igrexa de Rairiz de Veiga ao castelo da Saínza, acompañada pola charanga.
  • 12:45 horas: misa no campo de batalla.
  • 13:15 horas: combate de mouros e cristiáns no campo do castelo.
  • 14:00 horas: sesión vermú coa charanga Los Támega.
  • 18:30 horas: festa coa orquestra Combo Dominicano, que terá un segundo pase ás 20:15 horas.
  • 20:00 horas: homenaxe a persoas destacadas na Romaría da Saínza.