martes. 30.04.2024

Evento

AXENDA | Un Nadal cheo de actividades en Vilar de Santos

17/12/23 a 5/1/24
Vilar de Santos
programación nadal 2023 vilar de santos

Vilar de Santos terá un Nadal cheo de actividades organizadas dende o Concello para que a veciñanza goce dunhas festas ben bonitas.

Arranca a programación coa viaxe organizada para ir ver as luces de Vigo e o Belén de Valga; unha visita que terá lugar o domingo 17 e na que é necesario anotarse nos Servizos Sociais do concello xa que as prazas son limitadas.

O Concello tamén porá en marcha o programa "Concilia Nadal", que terá lugar dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro. 

Cinema, cabalgata de reis, pandereitada, fútbol, unha charla sobre primeiros auxilios e a visita a Pazolandia completan a programación creada para iste Nadal.