viernes. 03.05.2024

Evento

AXENDA | Sesións de cine na rúa en Vilar de Barrio

17/8/23 a 20/8/23
22:00 a 22:00
Praza do Toural de Vilar de Barrio e Arnuide
Proxeccións no concello de Vilar de Barrio para este xoves e o domingo.
Proxeccións no concello de Vilar de Barrio para este xoves e o domingo.

O Concello de Vilar de Barrio ofrecerá dúas sesións de cinema na rúa. A primeira terá lugar esta noite, ás 22:00 horas, na Praza do Toural. A veciñanza poderá desfrutar coa proxección da película "Matria", que conta a historia de Ramona, interpretada por María Vázquez, unha muller de cuarenta años que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e precario nunha aldea da costa galega.

 

A segunda sesión da semana terá lugar o domingo, a partir das 21:45 horas, no campo da festa de Arnuide. Nesta ocasión o filme que se proxectará é "Bella e o Circo Máxico". Esta película de animación xira en torno a dous mellores amigos, Bella e Henry, que deciden montar un espectáculo de circo na súa pequena cidade.