sábado. 27.07.2024

Evento

AXENDA | Festival Tangaraño Cultural

1/6/24 a 2/6/24
12:00
Sobradelo, Xunqueira de Ambía.
20240601 XI Tangaraño Cultural_cartaz

A undécima edición do festival Tangaraño Cultural vén con forza e celebrarase o vindeiro 1 de xuño na aldea de Sobradelo, en Xunqueira de Ambía.

Unha edición con numerosos os actos culturais; concertos, contacontos, obradoiros, xogos populares, unha cata de mel, performance e monólogos serán as actividades estrea desta undécima edición.

O festival arrancará ás 12:00 horas coa cata "Mel de Galicia", unha actividade con aforo limitado para a que é preciso inscribirse con anterioridade. 

Ademais do tradicional mercado de artesanía e proximidade, poderase degustar o xantar e a cea con prezos populares. Racións a 3€ de callos, empanada ou lacón, sen esquecer a opción vegana.