sábado. 27.04.2024

Evento

AGENDA | Actividades para a cativada durante as vacacións de Semana Santa

27/3/24 a 27/3/24
9:00 a 13:00
Praza Carlos Casares e Casa da Cultura de Xinzo.
202403 campamento concilia semana santa concello xinzo

O Centro de Información á Muller e maila Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo de Limia organizan o Campamento Concilia Semana Santa, tres días de actividades para a cativada durante as vacacións de Semana Santa.

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 14 anos de idade, o campamento funcionará os días 25, 26 e 27 de marzo co obxectivo de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no período vacacional.

Al longo do campamento, desenvolveranse actividades para traballar valores vinculados á igualdade dun xeito lúdico, a través de dinámicas e xogos dirixidos pola sociedade cooperativa Xeracción.

Con actividades ao aire libre na Praza Carlos Casares e outras na Casa da Cultura, o campamento terá lugar en horario de mañá: dende as 09:00 horas e ata as 13:00h. 

É necesario realizar inscrición previa, que poderá facerse de xeito presencial no Centro de Información á Muller ou a través do teléfono: 988 460 848.