A fin de semana do 24 e 25 de maio, o municipio ourensán de Vilar de Barrio converteuse no epicentro do automobilismo galego coa celebración dunha nova edición da súa xa emblemática subida. Cun trazado de case cinco quilómetros cheo de curvas esixentes e paisaxe de montaña, a proba reuniu a afeccionados de toda Galicia que non quixeron perderse unha cita marcada no calendario do motor.
O gran protagonista foi Jacobo Senín, que demostrou unha vez máis a súa precisión ao volante. Co seu monoplaza, asinou as mellores mangas da xornada e proclamouse campión da xeral, deixando clara a súa candidatura ao título esta tempada. Senín dominou a proba con solvencia, marcando diferenzas desde os primeiros compases da competición.
A categoría de turismos tamén estivo moi desputada, con varios nomes coñecidos loitando polo podio e ofrecendo un gran espectáculo tanto en potencia como en trazadas. Os valentes participantes das categorías inferiores tamén deixaron mostra do seu talento e paixón polo motor, sendo aplaudidos por un público entregado.
O ambiente foi inmellorable: veciños e visitantes animando nas beiras da estrada, equipos traballando a contrarreloxo nos parques de asistencia e organización impecable para garantir a seguridade e o bo desenvolvemento da carreira.
Un ano máis, a Subida a Vilar de Barrio reafírmase como unha das probas máis espectaculares e queridas do panorama galego, onde a técnica, o valor e o amor polo motor se mesturan en cada curva.
Las calles de Xinzo se transformaron en un escenario vivo del pasado, con un desfile que nos llevó a través de distintas épocas y momentos históricos.
Vestimenta, emoción y tradición se dieron la mano en un encuentro que puso en valor el patrimonio cultural y festivo de las recreaciones históricas.
La Xove Orquestra Ourensanía estrenaba en Xinzo, tierra que la vio nacer, su ciclo de conciertos "Emocións sonoras". Bajo la batuta de un emocionado José Luis Tielas, director del Conservatorio de Música de Verín, la orquesta sinfónica provincial ofreció un recital inolvidable dedicado al amor.
Instrumentos de cuerda, viento y percusión, acompañados de las voces del Orfeón de Carballiño, el Coro de Voces Brancas y la Coral de Santa Mariña, crearon una experiencia musical sobre las miradas del corazón que consiguió encandilar al público. Un concierto que tenía lugar en la iglesia de Santa Mariña y que nadie se quiso perder; en la iglesia no cabía un alma.
Hoy, la Xove Orquestra Ourensanía está compuesta por 127 personas. Un proyecto hecho realidad que busca poner en valor la profesión y formar a sus integrantes en un ámbito semiprofesional.
A undécima edición do festival "Tangaraño Cultural" celebrarase o vindeiro 1 de xuño na aldea de Sobradelo (Xunqueira de Ambía). Pero, iste ano, as actividades ao redor da lingua, da música e da cultura do país xa deron comezo coa inaguración da exposición "As Mulleres das Capas", de Mercedes Vázquez Saavedra.
O pasado xoves, a Colexiata de Xunqueira de Ambía acollía a inauguración dunha mostra que busca pór en valor ás mulleres. Un acto que, ademais, contou coa actuación musical de Aturuxa, as pandeireteiras de Xunqueira de Ambía. A exposición permanecerá aberta ao público ao longo dun mes, ata o vindeiro 17 de xuño.
Rochi Nóvoa, presidenta da asociación que organiza o "Tangaraño Cultural", aproveitaba para insistir que "son claves as institucións locais para que o festival siga adiante e, afortunadamente, posúen a sensibilidade necesaria para valorar a importancia destes actos a nivel cultural e social no rural".
E quedou ben demostrado coa asistencia de José Luis Gavilanes, alcalde de Xunqueira de Ambía, de Manuel Conde, rexedor do Concello de Vilar de Barrio e de Manuel Ángel Fernández Movilla, alcalde do Concello de Baños de Molgas. Por vez primeira, súmase á iniciativa o Concello de Xinzo de Limia; o seu alcalde, Amador Díaz, tamén estivo presente na inaguración da exposición.
A 100 días para o Sábado do Petardazo, nos talleres de Arte Arrebol, en Xinzo, as máscaras das novas pantallas van tomando forma. “Recuperaremos a celebración do Entroido con toda a súa programación anterior á pandemia con desfiles, concertos... A xente ten moitas gañas de vivir esta festa e xa quedou patente na pasada edición pese as restricións”, manifesta do concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, nunha publicación na web municipal datada este pasado martes. A Comisión do Entroido celebrou a súa primeira convocatoria aberta o pasado venres. Xa se anuncia que para esta edición volverá a buscarse a coordinación cos entroidos de Laza e Verín. Nas próximas semanas convocarase un segundo encontro aberto para todos aqueles que desexen colaborar, informa o Concello de Xinzo na súa web. O primeiro paso desde a Comisión será encargar o deseño do cartel. Mais o Entroido popular xa leva o seus propio ritmo. A 100 días do comezo da festa, a noite do sábado 28 de xaneiro, as máscaras abren os ollos.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro
O desfile do adeus ao FESQ22 fíxose no sentido contrario aos dos días anteriores. Rematada a batalla, asinado o pacto de convivencia, romanos e castrexos volveron tomar ao son dos tambores as rúas de Xinzo. Foi máis cedo tamén, houbo máis público. Ao remate, aínda día, a xente continuou a troula polos viños. No campamento programouse un espectáculo de danza e lume como peche da xornada. Antes, pola mañá, as vestais oficiaron os bautizos na praza de Xoán XXIII. Vai habendo relevo. O Esquecemento, a Festa, volverá dentro dun ano. Antes, O Esquecemento tratará de facerse ver na vida cultural da Limia.
📷 Noelia Caseiro.
O cruce do río Lethes volveu xuntar ás beiras do río a numeroso público. A lenda, teatralizada por Manuel Fontemoura, puxo en escena baixo a calor da tarde e entre o fume (artificial) que representaba as brétemas do río do Esquecemento. Décimo Bruto venceu o medo, cruzou o Lethes e someteu aos castrexos. O cruce, a batalla e a disputa entre os xefes do bando romano e do bando castrexo, no Toural, elevaron o espectáculo do Esquecemento no día grande, antes de que o campamento (e o mercado) se encheran como nunca nos dous días anteriores. A Festa rematou no máis alto, xusto antes do desfile de despedida, entre aplausos da xente, e o apagado do lume desta noite.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro
O desfile do sábado fíxose de tarde, con boa luz, excelente temperatura e moito público ao paso dos grupos de romanas e castrexas, que desta volta intercambiaron posicións. Saíron primeiro os romanos co Décimo Xuño, a raíña e as vestais á fronte, a impoñente lexión lucense e o ritmo da Achicoria e a Percussio Praetoria. Viñan as mozas e mozos lucindo galas, traxes coidados, sorrisos vergoñentos entre o aplauso da xente. Viñan os castrexos a paso lento. Moi xuntos, algo tímidos ao principio, mais desatados xa na praza. Gaitas e pandeiretas para acompañar aos clans que regresaron cedo ao campamento. Hoxe chega a batalla. O escenario do Limia está listo. Despois, haberá desfile, o último deste ano.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
Galería de imaxes da recepción aos visitantes, entrega do Premio Bispo Idacio e actividade no parque cos xogos romanos e o taller de chaveiros celtas. Pola mañá, no campamento, Marcos Argibay foi o mestre de cerimonia do acto de benvida aos visitantes de Astorga, Cartaxena e Lugo. Tamén houbo intercambio de agasallos co Concello de Xinzo, representado por Ramiro Rodríguez; e se celebrou a entrega do Premio Bispo Idacio a Carlos Gómez Salgado pola súa contribución á Festa do Esquecemento. Pola tarde, coa xincana estirándose até as sete, o campamento estivo case baleiro até a hora do desfile, e o público concentrouse coa cativada na zona do parque, co mercado de artesanía a plena actividade, os xogos e atraccións e o obradoiro de chaveiros celtas impartido polo grupo castrexo de Lugo que se incorporou á Festa.
Era unha das novidades da edición deste ano, e houbo público e espectáculo. Catro gladiadores romanos disputaron na praza vaios combates con espadas e escudos, algunha lanza e as súas mans e pernas. O espectáculo volverá a se representar esta tarde (19:00 horas) no mesmo escenario. A Festa vai espallándose polo cento de Xinzo. Pasará co desfile das oito, e coa gran cita do día: Pelepau, ás 23:30 na Carlos Casares.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
O desfile inaugural da edición XXI da Festa do Esquecemento congregou centos de castrexas e romanas, e centos de persoas máis nas rúas de Xinzo nunha noite suave na que se prendeu o lume sagrado e os grupos lanzaron os seus desafíos. Na marcha, que transcorreu áxil (apenas media hora entre o Toural e a praza Carlos Casares) destacou a marcialidade romana, que suma novos grupos e moita mocidade. Castrexas e castrexos meteron moita bulla. As forzas están equilibradas para os desafíos destes días. O Esquecemento está de volta.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
Arrancou a Festa do Esquecemento 2022 con numeroso público no campamento a partir das oito da tarde, mentres castrexas e romanas remataban os últimos detalles das construcións e empezaban a prepararse para o desfile da noite. Arrancou a Festa do Esquecemento con boas expectativas no mercado de artesanía, con artesanas chegadas mesmo de Lugo ou Asturias. No mesmo espazo do parque tamén se puñan en marcha os xogos para os máis cativos. Xinzo comeza a segunda quincena do mes de agosto cunha festa única e que se espera atraia centos de visitantes de toda a comarca.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
Estas imaxes son deste mesmo xoves, a 24 horas de que abra o campamento e se inaugure o mercado de artesanía, a Festa do Esquecemento 2022, a do regreso após a pandemia, xa enche Xinzo. As previsións din que o tempo acompañará, as carpas romanas e as casetas castrexas están listas, o Toural foi un fervedoiro estas últimas tardes, os estandartes presiden as rúas e a Praza Maior loce de gala. A lenda do cruzamento do río Lethes volve poñer Xinzo no mapa das festas históricas. Espéranse convidados de Lugo, romanos e castrexos do Arde Lucus, mais tamén visitantes de Astorga e Cartaxena. O Limia, cando menos no tramo do Toural, presenta o mellor aspecto en anos. A Limia ten festa na capital da comarca desde mañá até o domingo.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, acompañada polos concelleiros Amador Díaz, Ramón Gómez e Manuel Pérez Campos, membros do goberno municipal, visitou esta mañá o campamento da Festa do Esquecemento instalado no Toural. Mentres numerosos grupos remataban de construír as súas casetas, a alcaldesa e os concelleiros conversaron co presidente da Civitas Limicorum, Marcos Argibay. Todo está preparado para o Esquecemento 2022 que arranca mañá e o compromiso municipal parece máximo nesta edición que recupera unha das dúas grandes  festas históricas da comarca.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
Onte sábado quedou instalada na Praza Maior de Xinzo de Limia a exposición A Limia Castrexo-Romana que describe os mundos castrexo e romano e o inicio da romanización no Noroeste da Península. A Limia Castrexo-Romana expresa a aposta da Asociación Civitas Limicorum por afondar e divulgar a base histórica e consolidar o carácter histórico e cultural da Festa do Esquecemento, que vivirá os seus días grandes o 19, 20 e 21 de agosto. A alcaldesa, acompañada polo concelleiro de Cultura e outros membros do goberno local, inaugurou a exposición e animou a veciñas e veciños a participar da Festa.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro
Estes días que abre o MUGAE, as visitantes teñen ocasión de descubrir o museo oculto de Carlos Casares en Xinzo de Limia. No soto do Museo Galego do Entroido, un lugar demasiado discreto para un colección de obxectos que "explica" parte do universo Casares, mesmo para un home tan discreto como o escritor limiao. Son paneis e cubos de madeira, rexos, sinxelos, ordenados, como a escritura de Casares que amosan pezas dunha vida aberta de par en par. 'O Principiño', os trens, as cámaras, as estilográficas, as fotos, moitas fotos e moitos libros, e artigos, perfís... un Casares a non perder. Un museo agochado que merece mellor sorte, como o propio MUGAE.
FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia.
A distinción a Isaac Alonso Estraviz  coa Medalla de Ouro da Deputación Provincial de Ourense data dun acordo plenario do 25 de outubro de 2019. Case tres anos despois, o intelectual galeguista e estudoso da lingua recibiu a Medalla nun acto celebrado este luns na Deputación, co plenario reunido e numerosos invitados, entre eles, a alcaldesa de Allariz (onde reside Estraviz) e o alcalde de Trasmiras (concello natal de Estraviz e no que ten a intención de deixar a súa biblioteca), así como o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, e o presidente da Fundación Carlos Casares, Xabier Casares, entre outros. "Eu nunca lle dixen a ninguén que norma debía empregar. Empreguei as existentes e respectei as normas que os meus alumnos empregaban. Na oficialidade as normas ortográficas son como un dogma de fe, e crían no profesorado cargos de conciencia. Coñecín profesoras que non encontraban unha palabra no seu pseudo-dicionario, chamado da Real Academia Galega, e lle indicaban que esa palabra non existía. E en cambio houbo unha alumna que lle dixo: 'Profe, procure o Estravis e verá como está", dixo o homenaxeado esta mañá nun breve discurso de agradecementos.
FOTOGRAFÍAS: Iván Iglesias.
A batalla de danza deste sábado, segundo día da Festa de Santa Mariña en Xinzo, resultou un espectáculo estimulante. Mozas e mozos competiron en harmonía polo favor das xuíces e do público explotando o seu talento e a súa creatividade. As bailarinas e bailaríns demostraron técnica e capacidade de improvisación e moito sentido do ritmo. Ao final un mozo e unha moza disputaron o éxito do día. Mais, "ninguén baila mellor que ninguén", como dixo o animador das batallas e a música tocou todos os corpos, do público e dos danzantes.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
A Foliada Antelana, malia o frío, completou a súa cuarta edición baixo a carpa situada na explanada do pavillón. O sábado houbo festa desde o mediodía (títeres e vermú cos Viqueiras), despois da xantar, os obradoiros; e xa de tarde, Foliadiña Pequena e Foliada Aberta para rematar o día. O Casino despediu o curso postpandémico da mellor maneira posíbel. No outono comezará outro ano para continuar o labor de recuperación dunha tradición musical e festiva que perdeu arraigo nesta parte do país, pero que loita por se volver asentar. A Foliada Antelana é xa unha referencia en Ourense.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
A xornada de tarde na Foliada Antelana organizada polo Casino arrancou con dous obradoiros. Para os adultos, Xurxo Fernandes ofreceu unha clase maxistral durante varias horas nos salóns do Casino. Estas son algunhas das imaxes do taller dun dos profesores máis recoñecidos no país.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
A batalla de rap reuniu esta tarde sobre o escenario do Polígono en Xinzo a rapeiros da comarca e outros chegados de Lalín, O Carballiño, Maceda e Ourense. O espectáculo tivo como mestres de cerimonia a Password e DJ Jorge. O xurado estivo formado por Tio Abuelo Ruli, Adira e King Zoray. A continuación tiveron lugar concertos a cargo de Adira, Brian Blk, Kind Mount Msd, Panadero Desconocido e D. Rolling. O día de San Xoán no Polígono, despois de dúas xornadas de música, rematou coa verbena a cargo do grupo Superestar. Foi a tarde noite máis concorrida do San Xoán, grazas tamén a que a chuvia respectou ás artistas. O gañador da batalla de rap foi: PANADERO DESCONOCIDO.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
Este sábado, da man da familia do poeta limiao Antón Tovar (Pereira, Rairiz de Veiga, 1921 - Ourense, 16 de xuño de 2004), un grupo de visitantes, entre os que se encontraban as alcaldesas de Rairiz, Asunción Morgade, e Xinzo, Elvira Lama, e destacados representantes do PSOE, como Rafael Villarino, secretario provincial socialista, e do BNG, Bernardo Varela, deputado provincial nacionalista, un grupo de persoas puido coñecer a casa de Tovar na Pereira. É unha casa grande, con móbeis da época, entre eles un escritorio que din que pertenceu á familia de Vicente Risco. O despacho de Tovar está xusto na entrada, na planta baixa. É unha estancia pequena e austera desde onde o poeta recreou os mundos limiaos. A familia quere que esta casa se restaure e se converta nun espazo de referencia para a cultura do país. Ademais, o acto tamén serve para reclamar ese recoñecemento oficial da obra de Tovar para o que se reclama xa o próximo Día das Letras.
Cando os meus ollos tristes se apaguen nos sombrizos
soutos nos que algún día terán de se apagar,
han de chorar os meus ollos por tódolos feitizos
dista pomba de terra que en min anda a arrolar
ANTÓN TOVAR
Onte celebrouse na Praza da Música o segundo dos Concertos Didácticos, nesta ocasión para o alumnado do CEIP Rosalía de Castro. Os concertos fan parte da programación de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia. Unha programación que xa incorpora a Praza da Música como escenario habitual. Despois da reforma, a praza, entrada principal do Conservatorio, empeza a coller ritmo. "Non podemos estar máis orgullosos dos nosos músicos e de poder volver a facer estes concertos tan especiais para os nosos alumnos", comentaron desde a dirección do Conservatorio. Antes de que remate o mes, o xoves día 23, se o tempo o permite, a Praza da Música volverá acoller un concerto de músicos do Conservatorio. Atentas!
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro
Xinzo de Limia celebrou o Día das Letras Galegas 2022 con libros na rúa, a entrega dos galardóns ás nenas e nenos premiados no concurso de contos Carlos Casares, e coa presentación dun libro de ficción sobre a desecación da Lagoa de Antela nos anos sesenta do século pasado. A festa da lingua rematou na praza cun acto social, a presentación desta última obra de Rafael Laso, na que se reivindicaron a importancia da cultura propia e a necesidade da conservación do medio natural, como legados a transmitir ás seguinte xeracións. A intención está sempre presente nos discursos, na práctica cotiá ás veces esa responsabilidade non se ve por ningures. A figura de Delgado Gurriarán e o papel do exilio galeguista en México na preservación e transmisión (e innovación, Vieiros) da cultura e do galeguismo político, os dous leitmotiv da celebración deste ano, tampouco apareceron moito, nin sequera nos discursos.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro
A Feira das Mozas animou Xinzo este sábado de feira, a primeira do ciclo que avanza o verán. Como estaba previsto, houbo animación -tres grupos de gaiteiras e gaiteiros- desde o mediodía, cando escampou. Porque o sábado amañeceu en metade dunha tormenta en Xinzo. Despois chegaron os paseos, os viños, as visitas á exposición na praza Maior, que volveu sentirse o centro da feira pola tarde, coas rúas engalanadas con bandeiras de cores e un poste na praza do que penduraban as luces. Á noitiña celebrouse a verbena. Con ritmos e cancións como os de hai 70 anos, e grupos convidados á vila. A Feira das Mozas promete volver para quedarse, nun formato actualizado á época.
FOTOS: Noelia Caseiro.
Xinzo de Limia conta desde onte cunha praza única, unha praza para tocar, para cantar e, se cadra, para bailar. Un luxo para as tardes primaverais e as noites do verán. Un espazo que gaña o Conservatorio, que gaña tamén visibilidade. A inauguración foi un acto fermoso. Mozas e mozos, tamén as máis cativas, festexaron xunto as súas familias e mestras esta nova praza, única, especial, a Praza da Música de Xinzo de Limia. Pasen e escoiten.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
Levantadas durante os séculos XI e XII, como parte de estruturas defensivas máis amplas, as tres torres da Limia (a do Castro en Sandiás, a Forxa en Porqueira e a Pena en Xinzo) forman un conxunto patrimonial que concreta a paisaxe da chaira limia. Son bens de interese cultural, cedidos polo Estado á Comunidade Autónoma, propiedade da Xunta de Galicia, e corresponden de forma preferente á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural as actuacións sobre elas.
A cámara de Noelia Caseiro captou estes días de primavera as siluetas e as cores dos muros dunhas pedras xa milenarias. Cómpre, de cando en cando, volver miralas e achegarse aos seus muros.
Tivo lugar onte en Verín a primeira edición do Festival de Bandas Vila de Verín. Participaron as bandas de Rianxo, Verín e a Agrupación Musical da Limia. Jose Luis Tielas Santiago, director da Escola de Música da Limia, que xa prepara o Certamen Internacional de Bandes de Música Ciutat de València que se celebrará en xullo, tamén paricipou do evento xunto ás súas discípulas e discípulos. Foi durante a festa do san Lázaro en Verín.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.
Imaxes de Noelia Caseiro e cedidas pola dirección do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, no Día de Rosalía, este mércores 23 de febreiro de 2022. Alumnado e profesorado levan semanas traballando na conmemoración da data de nacemento da poeta (Santiago de Compostela, 1837-Padrón, 1885).
O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase tamén co gallo de ser a data de edición da súa obra 'Cantares gallegos'.