Parada de Outeiro celebrou un magosto que volveu poñer en valor a tradición e o sabor do outono na Limia. O Concello de Vilar de Santos reuniu á veciñanza e visitantes arredor das brasas para gozar dun xantar popular no que os produtos locais foron os protagonistas.
Ao longo da xornada reinou o bo ambiente, a música e as conversas entre veciños que non quixeron perder unha das citas máis queridas do municipio. O traballo dos voluntarios contribuíu a que todo saíse á perfección, mantendo vivo un festexo que forma parte esencial da identidade cultural da comarca.
O Magosto de Parada de Outeiro demostrou, un ano máis, que a tradición segue moi presente e que apostar polos produtos da terra é a mellor maneira de celebrar o que somos: comunidade, unión e orgullo polo local.
Parada de Outeiro celebrou un magosto que volveu poñer en valor a tradición e o sabor do outono na Limia. O Concello de Vilar de Santos reuniu á veciñanza e visitantes arredor das brasas para gozar dun xantar popular no que os produtos locais foron os protagonistas.
Ao longo da xornada reinou o bo ambiente, a música e as conversas entre veciños que non quixeron perder unha das citas máis queridas do municipio. O traballo dos voluntarios contribuíu a que todo saíse á perfección, mantendo vivo un festexo que forma parte esencial da identidade cultural da comarca.
O Magosto de Parada de Outeiro demostrou, un ano máis, que a tradición segue moi presente e que apostar polos produtos da terra é a mellor maneira de celebrar o que somos: comunidade, unión e orgullo polo local.
Un ano máis, a aldea de Saa, no concello de Vilar de Santos, converteuse nun punto de encontro para celebrar a noite máis máxica do ano.
Máis de 200 persoas gozaron dunha cea popular chea de sabor e ledicia, que deu paso ao ancestral ritual da queimada, rodeado de lume, palabras máxicas e moita emoción.
A música, o ambiente festivo e o calor do lume fixeron desta noite de San Xoán unha cita inesquecible para toda a veciñanza e visitantes.
A aldea de Saa acolleu a segunda edición da Festa da Arracada, unha celebración que volveu reunir tradición, música e espírito comunitario.
A xornada comezou con xogos tradicionais, seguidos polas emocionantes vodas castrexas, e culminou cunha vibrante actuación musical do grupo Lirolaio. Veciñanza e visitantes gozaron dunha cea popular nun ambiente festivo que rematou coa máxica cerimonia do lume.
A indumentaria castrexa deu cor e autenticidade a unha noite para lembrar.
Un evento promovido polo Concello de Vilar de Santos coa colaboración de Civitas Limicorum.
A Asociación Cultural, Deportiva e Veciñal Vilar de Santos certifica un merecido ascenso nunha tarde de gloria no concello limiao.
O equipo colleitou no seu terceiro ano de vida o seu segundo ascenso e xogará o próximo ano na Primeira División provincial de fútbol de Veteranos logo dunha campaña proveitosa na que o fútbol transcendeu no pobo da Arracada ao incorporar ó clube a máis de cen persoas entre xogadores, directiva, colaboradores e colaboradoras e patrocinios.
O equipo naceu no seu da veciñanza no verán de 2022 e apenas nove meses despois conseguira subir ata a segunda categoría provincial. Despois dun ano de consolidación do proxecto, consegue unha nova promoción que o sitúa ás portas do máis alto do fútbol de veteranos.
Cun plantel formado principalmente por xogadores de Vilar de Santos, Rairiz de Veiga e Sandiás, conta coa axuda dunha nutrida representación do veciño concello de Xinzo de Limia. Neste ascenso foi clave a labor do porteiro Dani Blanco, Manu, Beni, Lama, Pablo Curras, Miranda... Na parte organizativa e a futbolística de Diego Boia, Adrián, Pablo... Aínda que o éxito radica no concepto coral do equipo.
O alcalde de Vilar de Santos, Rubén Colmenero 'Pisto', é promotor e tamén xogador do equipo e valora o éxito como “unha mostra de que o deporte é principalmente unha excusa para xuntar a un pobo e velo unido, traballando xunto”. Congratúlase principalmente da rede de colaboradores e colaboradoras: “Ver a xente da zona que non xoga pero que madruga para limpar as instalacións, que prepara a merenda para a afección ou que pon ó servizo do equipo todo canto ten é o meu maior orgullo”, engade.
O ascenso ten unha dedicatoria especial e indiscutible: “A emoción que sentimos dedicámoslla ó noso compañeiro Pablo de Currás, que está loitando pola súa saúde e incorporar estes folgos que lle mandamos vaille axudar definitivamente porque sen el, a vida do Vilar de Santos non é completa”.
Pisto adiantou tamén que están traballando para levar ó equipo ó torneo internacional de Ribadeo que se xogará nas últimas semanas de maio.
Este sábado celebrouse na aldea de Sáa -no Concello de Vilar de Santos- a primeira edición da Festa da Arracada, un evento que deu os seus primeiros pasos cun programa de actividades pensadas para reivindicar a nosa cultura e fortalecer os lazos comunitarios. A xornada deixou claro o potencial desta iniciativa para medrar nos vindeiros anos.
Entre as actividades, destacou especialmente a representación teatral "A lenda da Arracada", que contou coa colaboración imprescindible da asociación Civitas Limicorum, cuxo compromiso e esforzo foron clave para o éxito desta festividade, xa que ca súa posta en escena, logrouse dar vida ás raíces históricas da nosa rexión, poñendo en valor o patrimonio material e inmaterial e achegándoo á poboación para ofrecerlles unha mellor comprensión e interpretación dos bens patrimoniais autóctonos.
Outras propostas, como a Xincana Celta, o Xantar Popular e as Olimpíadas Celtas, contribuíron a enriquecer unha celebración que combinou tradición e convivencia nunha contorna natural única.
Dende o Concello de Vilar de Santos agradecen o apoio de todas as persoas e entidades implicadas, así como animan á veciñanza e visitantes a participar nas próximas edicións para consolidar esta festa como cita imprescindible no seu calendario cultural.
O tempo axudou e moito aos asistentes a unha nova edición do magosto que cada ano se celebra na localidade de Parada de Outeiro, no Concello de Vilar de Santos. Uns 400 tickets se venderon, segundo a organización, para degustar un menú a base do típico dun magosto: empanada, chourizo, costela, viño, bica, licores e, como non, castaña a fartar.
Houbo quen sudou a camiseta mentres se asaban as primeiras: a carón das brasas xogábase un encontro de veteráns que enfrontou aos locais do Vilar de Santos co Silver Macendo Carmoble, no municipal do O Agro.
Os nenos de Vilar de Santos que participan nas actividades de conciliación no verán visitaron esta mañá a aldea e o castro de Saa. Ao longo da xornada estiveron acompañados polos mozos do campo de voluntariado da Xunta chamado "Sapere Aude", nome desta aldea didáctica, que se está a celebrar este verán entre Vilar de Santos e Allariz.
Rapaces de entre 18 e 30 anos de Galicia, pero tamén de Albacete, Almería, Cantabria, Huelva, Madrid, Salamanca, Valencia e Biscaia, participan nesta iniciativa de verán da Xunta. A arqueoloxía e o medioambiente son a súa temática e os participantes deron a coñecer aos máis pequenos o que están a facer.
As festas de Vilar de Santos congregaron a un bo número de veciños espectantes ante un dos momentos máis agardados: a gran tortillada. A localidade celebraba, ista fin de semana, tres días de festas nas que houbo actividades para todos os gustos: música e baile, deporte, actos relixiosos, gastronomía, festa da escuma e xogos para os máis pequenos.
Comezaban as festas o venres, cun partido de fútbol e música para os máis novos. O sábado, xa de mañá a alborada chamaba á veciñanza a participar na misa e na procesión, para continuar cunha sesión vermú ateigada de xente.
Os xogos populares e a festa para a cativada na piscina foron os actos programados para a tarde do sábado, dando paso á gran cea popular de confraternidade veciñal. O concerto na Arca da Noe e a gran verbena remataban a xornada.
O domingo tamén contou con actos relixiosos e sesión vermú. A cativada refrescábase na festa da escuma á espera dun dos grandes momentos das festas: a gran tortillada. Non faltaron mans para axudar a cociñala e, todos, puideron catar a destreza dos cociñeiros. A xornada puña o punto final as festas con música.
O BNG de Vilar de Santos contou este domingo con dous grandes actos de campaña, nos que presentou o seu proxecto político á veciñanza. O actual alcalde e candidato dos nacionalistas, Antonio Míguez, deu mitins en Parada de Outeiro e no salón multiusos do propio Concello de Vilar de Santos.
Míguez, xunto con membros do seu equipo que o acompañan nas listas, explicou o programa completo no que se inclúe a ampliación da residencia de maiores, a mellora dos servizos sociais, a aposta pola cultura, a potenciación do seu parque empresarial ou a rehabilitación de vivendas para axudar a fixar poboación.
Estes actos de campaña, completáronse esta fin de semana con novos faladoiros que levaron a cabo en Briexome de Abaixo, Laioso e Castelaus. Alí, reuníronse ca veciñanza para achegarlles as súas propostas para os vindeiros catro anos.
As aldeas de Vilar de Santos enchéronse de ilusión e ledicia na tarde deste xoves, xa que os Reis Magos chegaron para visitar a nenos e maiores. O percorrido comezou no centro de día, onde estiveron cos seus veteranos usuarios, para despois desprazarse por diversos puntos da localidade. O seu camiño rematou na Casa do Concello para que os máis pequenos compartisen con eles os seus desexos desta noite.
Durante todo o día estará aberto en Vilar de Santos o Mercado de artesanía e produto local, unha oportunidade para coñecer e desgustar cousas feitas aquí. A Asociación Limiar e A Arca da Noe colaboran co Concello de Vilar de Santos para dinamizar unha feira que se distribúe en dous espazos: o do Museo da Limia, cos postos de artesáns e demostracións durante toda a xornada; e o do casco vello, nunhas rúas onde unha vintena de produtores (mel, carnes, pan, doces, cogomelos, cervexa...) e creadores de roupa e calzado ofrecen as súas elaboracións. Pola tarde segue aberto e ademais haberá música e animación, e unha palestra na Arca: Cultivando ruralidades, mulleres a sementar futuro, con Uxía de Bucinhos, Lucía de Laroá, Paula Miranda e Eva González (do GDR Limia-Arnoia). Ás oito haberá concerto de Faltriqueiras.
FOTOS: Diario do Limia.
Ao evento acudiron diversos membros e usuarios de Limisi, entre os cales destacaron Eulogia Ferreira e Araceli Losada, presidenta e secretaria da asociación respectivamente. Ambas recolleron o premio e realizaron un breve discurso de agradecemento ao Museo da Limia e a todas as entidades colaboradoras no agasallo.
Araceli Losada destacou o gran papel que xogan as entidades coma Limisi na vida de moitas persoas xunto á necesidade que hai de que éstas sexan públicas, pois o seu servizo resulta vital e imprescindible para os usuarios. Aínda queda moito camiño por andar no tema da inclusión e da integración de persoas con discapacidade.
O evento tamén contou coa presenza de Delfín Caseiro, presidente do padroado do Museo da Limia, Xosé Jardón, coordinador do Museo da Limia, Sabela Rodríguez, secretaria da Xunta Directiva do Museo da Limia, André, vicepresidente do padroado do Museo da Limia, Cristina Margusino, médica do Centro de Saúde de Xinzo, e tamén co alcalde de Vilar de Santos, Xoán Xosé Jardón, e coa alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama. No medio dos agradecementos de todos os convidados e asistentes ao evento, realizaron unha breve actuación o pianista, Luis Humberto Cao, xunto ao tenor, Baldomero Pavón.