viernes. 04.10.2024

O Concello de Vilar de Santos informou da lanzamento dunha convocatoria de emprego para a contratación de persoal laboral encadrado dentro do posto de auxiliar de axuda no fogar.

Para a oferta lanzaranse un total de cinco prazas enfocadas aos servizos de axuda no fogar dentro do territorio limiá de Vilar de Santos. Ofrécese un contrato temporal por obra ou servizo determinado, cunha xornada de 25 horas á semana -incluíndo fins de semana e festivos- . No tocante á selección dos inscritos, seguirase o proceso de concurso por méritos.

Para presentar as solicitudes teranse cinco días hábiles contados a partires do día seguinte da publicación do anuncio no BOP de Ourense -que coincide coa data de hoxe, venres 19 de novembro- . Deberase acudir ao Rexistro Xeral do Concello, en horario de 9:00 a 15:00, para realizar toda a tramitación.

Para obter máis información sobre as bases deberase visitar a o tablón de anuncios ou a páxina web do concello: www.vilardesantos.gal.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Santos busca contratar a cinco auxiliares de axuda no fogar