sábado. 20.04.2024

O presidente da Sociedade Estatal de Infraestruturas Agrarias (Seiasa), Francisco Rodríguez, visitou esta mañá Xinzo para coñecer de primeira man a situación actual dos regadíos na Limia. Rodríguez aproveitou a xornada para reunirse con representantes do sector da pataca, como o presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez; e falar do punto no que se atopa o proxecto de modernización dos regadíos na comarca.

A estimación que fan dende a Seiasa, que pertence ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, é de que as obras comecen antes do verán de 2024 tras superar varios procesos administrativos. "El proyecto lo tendremos esta semana para ponernos con el trámite ambiental, que esperamos esté listo para enero o febrero. Previamente al inicio del verano de 2024 se empezarían las obras para que finalicen antes del 2026", sinalou Rodríguez.

O proxecto, que nun inicio se valorou cun orzamento de casi 16 millóns de euros, agora supera os 35. O 80% será financiado pola Seiasa e o 20% restante polos regantes. "Era un proyecto que estaba en los cajones y, en un principio, se estimaba una inversión de unos 15,9 millones, pero, tras analizarlo y estudiarlo, requiere más de 35", explicou Rodríguez. O diñeiro, que procede fundamentalmente dos Fondos Next Generation, destinarase á modernización dos regadíos nas comunidades de San Salvador de Sabucedo, en Porqueira; de Lamas Ganade e Alta Limia, en Xinzo; e de Corno do Monte, entre Xinzo e Trasmiras.

Era un proyecto que estaba en los cajones para el se estimaba, en un principio, una inversión de unos 15,9 millones, pero, tras analizarlo y estudiarlo, requiere más de 35 (Francisco Rodríguez, presidente de SEIASA)

O presidente da Seiasa asegurou que este "es el último tren" para este proxecto, no que destacou a colaboración da Xunta para avanzar na súa elaboración, así como a implicación de regantes e do Goberno. "Es una pena que estuviese parado tanto tiempo", lamentou, xa que esta modernización plantexouse no 2008 e paralizouse no 2010. "Hay unanimidad para sacar este proyecto adelante porque es importante para un sector estratégico de la comarca", apuntou Emilio González, subdelegado do Goberno en Ourense, quen estivo presente nesta visita ao igual que a alcaldesa, Elvira Lama.

Rodríguez resaltou nesta visita que a modernización dos regadíos vai permitir "ordenar un caos del uso del agua en un acuífero que está en mal estado". Non se está empregando de xeito correcto e a obra facilitará unha mellor utilización que "asegurará esta actividad agraria importante para la comarca y que la gente joven pueda incorporarse al sector con oportunidades de futuro para producir patata en mejores condiciones". Ademais, servirá para coidar do medio ambiente e recuperar o ecosistema.

 

A Xunta lamenta non haber sido invitada

O conselleiro de Medio Rural, José González, remitiulle ao presidente da Seiasa unha carta amosando o seu malestar por non haber sido convidado a este encontro. Na misiva destaca a importancia dunha colaboración leal entre as diferentes administracións para afrontar proxectos tan importantes coma este, no que están implicados 3.342 propietarios de 4.105 hectáreas de terreo.

 

González pon de relevo o esforzo presupostario para financiar ao 100%, e con fondos integramente autonómicos, o proxecto de construción de pozos na Limia para a captación de augas subterráneas. Engade que a intención é proceder do mesmo xeito coa instalación da infraestrutura de bombeo de ditos pozos. Deste xeito, considera que a Xunta debeu estar presente na reunión que tivo lugar na mañá deste martes en Xinzo.

Visita a un dos pozos que está a construír a Xunta para o regadío na Limia.
Visita a un dos pozos que está a construír a Xunta para o regadío na Limia.

 

NOTICIAS A LIMIA | As obras de modernización dos regadíos comezarán antes do verán de 2024