miércoles. 06.11.2024

A resposta está escrita

DÍA DAS LETRAS

Manolo Fontemoura Letras Galegas 2022

“E dixo nai
E dixo pai,
E dixo Auga 
E dixo Terra.
Verbas escritas 
Na lingua propia”.

Algúns poemas, relatos, contos ou incluso novelas ou obras de teatro como esta, seguramente están en moitos caixóns, esquecidas. 

Unha parte porque non se considera oportuno compartilo e outra por as dificultades á hora da publicación. Por iso penso que hai que democratizar as boas letras e dar oportunidades a esa xente que nunca saíu á luz nada do que fixo.”

Isto leuno Martiño nun xornal, aquela mañá na que tiña que faguer un traballo sobre a literatura galega co gallo do Día das Letras. El era mais de andar ca play ou ver series na televisión. Iso si, cumpría cos libros de obrigatoria lectura que lle mandaban dende o instituto. Prefería os de castelán porque se encontraba mais cómodo na lingua que empregaba acotío.  

Cuestión de gustos pensaba. Co pouco que investigará non tiña dabondo para responder con nota a pregunta formulada: “Que importancia teñen para ti as nosas letras e a nosa lingua?”.

Por iso acudiu a Celina, unha veciña da súa avoa, que aínda que non  estudara andaba sempre cun libro como fiel compañeiro, ben no corredor da súa casa, ben no club de lectura do Centro Social ou cando tiña ocasión. Ela que fora emigrante, agora xa xubilada dicía que canto mais lía mais sabía. 


Atopouna na horta, poñendo unhas cantas cebolas. Despois dunha breve conversa sobre o tempo, soltoulle o porque da súa visita. A muller pousou as mans no sacho e mirou para o ceo cal feiticeiro en transo.


Polo menos iso a el lle pareceu. Era un fermoso retrato visual, aqueles cabelos brancos, os ollos pechos e a faciana con regos non tan ben feitos como os que ela faguía. Unha merla cantou e a el pareceulle que as árbores aplaudían. Entón a anciá dixo que a acompañará e sentaron debaixo dunha abeleira. 


O pouco preguntoulle que era o mais importante dun río? 
El contestou: - A agua.
Silencio.

Tras un par de minutos respondeu osíxeno como o imprescindible para a vida. 
Silencio.

Por moito que el lle lera o que atopara en internet, ela seguía co estraño ritual. Nun prado, que consideras imprescindible para que pazan as vacas?, dixo a señora tras outra pausa. 
- A herba.

E así estiveron bastante tempo até que el dixo que se lle faguía tarde e que xa viría noutro momento. Iso si, que o pasará moi ben pero que necesitaba canto antes faguer as tarefas escolares.

Cando xa estaba abrindo a cancela da porta, Celina, con voz retranqueira dixo:
- Xa levas a resposta.

- Como?

- Pois claro rapaz si todo o que me dixeches é fundamental para cada cousa que che preguntei. As letras xunto co falala son fundamentais para a que a nosa non sexa unha lingua mortal.

E así foi como Martiño aprendeu aquel día algo que se prometeu non esquecer nunca.

Manuel Fontemoura é escritor e director teatral.

A resposta está escrita