FOTOGALERÍA | Shakira e Piqué, aparicións estelares no desfile de Entroido de Vilar de Barrio

Vilar de Barrio festexou esta fin de semana o Entroido con varias actividades. O venres celebrouse unha gran cea popular no Pavillón Municipal, a primera nestas datas trala pandemia, e este sábado foi o turno da veciñanza de Arnuide. A súa asociación de veciños organizou un desfile no que houbo variedade de disfraces e ata Shakira e Piqué se deixaron ver.