🚜 ALIMAGRO | O agro é un mundo que aquí chámase pataca

Non todo é pataca na Feira. Pero si hai moita pataca na Feira. ALIMAGRO resume a Limia nunhas ducias de expositores. Está o de ADEGAL, a asociación que xunta parte dos produtores, o da IXP Pataca de Galicia, que regula a excelencia, os dos almacenistas, os das empresas de transformacións, as compañías de tecnoloxía, as aseguradoras, os convidados do Barroso portugués, e mesmo cooperativas que se dedican á pataca, pero teñen como produto estrela a cebola. E está COREN, claro, a gran empresa ourensá, que ofrece xamón, e porá os ovos para a tortilla xigante desta tarde que xuntarán os 200 quilos de patacas. A pataca é o símbolo de ALIMAGRO, da Limia e desta reunión que rematará mañá e que exhibe orgullo no seu lema. Veñan, miren e proben. A pataca é un mundo. 


FOTOGALERÍA: Noelia Caseiro.