FOTOGALERÍA | En Balaídos gañou a solidariedade, non o fútbol
09 de octubre de 2025 (20:35 h.)
O estadio de Balaídos acolleu este mércores, 8 de outubro, o partido solidario “Xuntos contra o lume”, que enfrontou o RC Celta coa selección ourensá.
A cita deportiva serviu para render homenaxe aos concellos de Ourense afectados pola vaga de incendios do pasado mes de agosto e a todas as persoas que participaron na loita contra o lume.
Alcaldesas, alcaldes e equipos de emerxencias recibiron a camisola verde da man da presidenta do RC Celta, Marián Mouriño, nunha xornada na que a solidariedade foi a auténtica protagonista máis alá do resultado deportivo.