FOTOGALERÍA | O Touro “invisíbel” da Limia

O Touro invisíbel da Limia é azul. Uns artistas anónimos pintaron de azul ceo a silueta do Touro de Osborne que preside unha cuíña ben visíbel, ese era o seu fin, a publicidade, desde a estrada N-525 e desde a autovía. A intención dos artistas era "invisibilizar" o Touro (que representou uns determinados valores na España do final do franquismo e do postfranquismo, hoxe xa esmorecentes) pintado de azul contra o ceo limiao. O efecto está case conseguido. Coas condicións de luz e o ceo bastante limpo de nubes esta mañá de mércores, a silueta case non se percibe. O Diario do Limia subiu á cuíña para comprobar o resultado da acción dos anónimos artistas, que cos cambios introducidos no Código Penal no 2015 mesmo poderían enfrontarse a unha denuncia. A Garda Civil, polo momento, só abriu dilixencias informativas. Pasen, vexan, e xulguen... desde o punto de vista artístico e paisaxístico. Está mellor así?

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro