FOTOGALERÍA | Baltar celebrou a XV Festa Popular cunha xornada chea de diversión, tradición e boa compañía
10 de agosto de 2025 (16:38 h.)
Baltar viviu onte unha xornada inesquecible coa celebración da XV Festa Popular, que reuniu a veciños e visitantes de ambos lados da fronteira nun ambiente familiar e cheo de diversión.
As competicións, as exhibicións musicais e gastronómicas e a participación interxeracional fixeron desta cita unha auténtica festa da convivencia, onde reinou o bo humor, a amizade e as tradicións compartidas.