#FESQ22 🐺 | Sábado no Toural: discursos e xogos

Antonio Madrid, presidente da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH).
Sergio Castrillo, presidente da Asociación Astures y Romanos, de Astorga.
Marcos Argibay, presidente da Asociación Civitas Limicorum.
A Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas trouxo un agasallo para o Concello de Xinzo que se encargou de recoller Ramiro Rodríguez, responsábel de Cultura.
Acto institucional sábado. Taller. Xogos infantís. FESQ22. Esquecemento (20) (FILEminimizer)
Xogos no parque do Toural.
Taller de chaveiros impartido polo grupo Lugdunum. Lucus Augusti.

Galería de imaxes da recepción aos visitantes, entrega do Premio Bispo Idacio e actividade no parque cos xogos romanos e o taller de chaveiros celtas. Pola mañá, no campamento, Marcos Argibay foi o mestre de cerimonia do acto de benvida aos visitantes de Astorga, Cartaxena e Lugo. Tamén houbo intercambio de agasallos co Concello de Xinzo, representado por Ramiro Rodríguez; e se celebrou a entrega do Premio Bispo Idacio a Carlos Gómez Salgado pola súa contribución á Festa do Esquecemento. Pola tarde, coa xincana estirándose até as sete, o campamento estivo case baleiro até a hora do desfile, e o público concentrouse coa cativada na zona do parque, co mercado de artesanía a plena actividade, os xogos e atraccións e o obradoiro de chaveiros celtas impartido polo grupo castrexo de Lugo que se incorporou á Festa.