FOTOGALERÍA | Corpos tocados por música

Batalla danza.

A batalla de danza deste sábado, segundo día da Festa de Santa Mariña en Xinzo, resultou un espectáculo estimulante. Mozas e mozos competiron en harmonía polo favor das xuíces e do público explotando o seu talento e a súa creatividade. As bailarinas e bailaríns demostraron técnica e capacidade de improvisación e moito sentido do ritmo. Ao final un mozo e unha moza disputaron o éxito do día. Mais, "ninguén baila mellor que ninguén", como dixo o animador das batallas e a música tocou todos os corpos, do público e dos danzantes.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.