FOTOGALERÍA | Rap no Polígono

)

A batalla de rap reuniu esta tarde sobre o escenario do Polígono en Xinzo a rapeiros da comarca e outros chegados de Lalín, O Carballiño, Maceda e Ourense. O espectáculo tivo como mestres de cerimonia a Password e DJ Jorge. O xurado estivo formado por Tio Abuelo Ruli, Adira e King Zoray. A continuación tiveron lugar concertos a cargo de Adira, Brian Blk, Kind Mount Msd, Panadero Desconocido e D. Rolling. O día de San Xoán no Polígono, despois de dúas xornadas de música, rematou coa verbena a cargo do grupo Superestar. Foi a tarde noite máis concorrida do San Xoán, grazas tamén a que a chuvia respectou ás artistas. O gañador da batalla de rap foi: PANADERO DESCONOCIDO.

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.