NOTICIAS XINZO | 100 días para o Entroido 2023

A 100 días para o Sábado do Petardazo, nos talleres de Arte Arrebol, en Xinzo, as máscaras das novas pantallas van tomando forma. “Recuperaremos a celebración do Entroido con toda a súa programación anterior á pandemia con desfiles, concertos... A xente ten moitas gañas de vivir esta festa e xa quedou patente na pasada edición pese as restricións”, manifesta do concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, nunha publicación na web municipal datada este pasado martes. A Comisión do Entroido celebrou a súa primeira convocatoria aberta o pasado venres. Xa se anuncia que para esta edición volverá a buscarse a coordinación cos entroidos de Laza e Verín. Nas próximas semanas convocarase un segundo encontro aberto para todos aqueles que desexen colaborar, informa o Concello de Xinzo na súa web. O primeiro paso desde a Comisión será encargar o deseño do cartel. Mais o Entroido popular xa leva o seus propio ritmo. A 100 días do comezo da festa, a noite do sábado 28 de xaneiro, as máscaras abren os ollos. 

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro