FOTOGALERÍA | Simulacro: alerta en Atás, incendio de nivel 2

A Consellería de Medio Rural organizou este venres dous operativos de simulacro de incendio forestal nos Distritos XIV e XV. O exercicio consistiu en despregar os medios humanos e vehículos de terra diante dunha alerta de nivel 2 (incendio con risco para as persoas). A uns días do inicio da campaña de verán de loita contra o lume, o simulacro trataba de responder a unha alerta por un lume forestal que se iniciaba na N-525 e ameazaba o núcleo de Atás (Cualedro). Os alcaldes de Trasmiras, Emilio Pazos, e Cualedro, asistiron á intervención desde o centro de mando situado na gasolineira de Trasmiras. O operativo contou coa participación de 47 persoas, entre unidades da Garda Civil (incluído o Seprona e axentes de investigación), Protección Civil, unidades de drons e UTA (unidade técnica de apoio de Medio Rural), bombeiros forestais, ambulancias e GES de Vilar de Barrio. 

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.