venres 20/05/22
Deportes

FOTOGALERÍA | O fútbol volve ser unha festa na Moreira

Chegaba o equipo da Peroxa líder e o Antela necesitaba ganar e sumar dous goles máis que o rival para poñerse por riba na clasificación e dar outro paso cara o ascenso. A Moreira respondeu coa mellor entrada da tempada, un estadio que luciu espléndido e unha tarde perfecta para xogar o fútbol. Xogou ben o Antela, que dispuxo de varias ocasións moi claras de gol na primeira parte, e sufriu máis na segunda. Mais o equipo gañou o partido e cumpriu o obxectivo (2-0) por forza e calidade. Ao final, houbo foto con parte dos cativos que acudiron ao campo e agradecemento á afección. A próxima cita, Maside. 

FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro

comentarios
FOTOGALERÍA | O fútbol volve ser unha festa na Moreira