📷 FÚTBOL A LIMIA | Desengano na estrea en Preferente

O trío arbitral, co principal, Sebastián Castro, en primeiro termo.
José Antonio Parente, novo delegado do Antela.
Novos patrocinadores na cuberta da tribuna da Moreira.
antela pontevedra 8 (FILEminimizer)
Novos patrocinadores tamén nas torres de iluminación.
Novos patrocinadores nas faixas detrás da portería norte.
Sabucedo, co técnico rival, Jesús Ramos.
Carrasco e Sergi, na grada.

O Antela perdeu co Pontevedra B na estrea da tempada en Preferente. Catro anos despois regresaba o club á categoría rexional e caeu derrotado na Moreira diante do Pontevedra B, que foi superior de principio a fin. Unha decepción para comezar, porque o equipo non baixou os brazos nunca, mais tampouco deu a impresión de ser capaz de equilibrar o fútbol e o resultado. Na xornada, estreouse como delegado do equipo José Antonio Parente. No campo debutaron coa camiseta do primeiro equipo do Antela, Anxo (que se lesionou) e Adrián. Na grada, estiveron todos os non convocados: Carrasco e Sergi, co ex capitán Forri; Peral, co seu pai; Teixeira, cos amigos; e Breixo apoiando a pé de campo. Os concelleiros Ramón Gómez e Manuel Pérez, e o xa candidato do BNG á Alcaldía, Camilo Vila, habituais na Moreira, tampouco faltaron. E tampouco ex xogadores e técnicos como Toño Novoa e Prol. O club estreou novos patrocinadores e as faixas detrás da portería do fondo norte. O filial, o Antela Xinzo, deu as mellores noticias da tarde, cunha vitoria en Parada de Sil (3-4). Ao remate, Óscar Sabucedo, o adestrador, felicitou un por un aos seus xogadores, que acabaran exhaustos. O Antela xa coñece de primeira man a esixencia da nova categoría. Restan 37 partidos de Liga. 

FOTOGRAFÍAS: Diario do Limia/Antela F.C.