martes. 08.10.2024
Deportes

Nova e intensa xornada deportiva en Xinzo, que confirma a súa paixón polo ciclismo

A capital antelá viviu este sábado unha nova e intensa xornada de ciclismo, sendo saída e meta da terceira e penúltima etapa desta Volta a Galicia 2024

Unha vez máis, a praza Maior converteuse no núcleo da festa ciclista, coa presentación dos equipos antes da hora da saída, prevista para as 12:00 do mediodía; e posterior entrega de premios aos gañadores e primeiros clasificados nas diferentes categorías. Nela tivo un especial protagonismo a concelleira de Deportes, Cristina Campero, acompañada no podio polo corredor da casa Carlos Canal, "deseñador" desta clásica que tivo como puntos de paso os concellos de Cualedro, Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira ou Vilar de Barrio, entre outros. 

 

Tres xornadas e tres líderes diferentes. Na penúltima etapa da Volta Ciclista a Galicia, o Padronés Cortizo recuperou este sábado en Xinzo de Limia a camisola amarela que perdera 24 horas antes en Sarria. O murciano José Luis Faura desbancou do primeiro posto da xeral ao madrileño Pablo García (Polti Kometa) grazas a súa presenza na escapada de seis corredores que se xogou o triunfo parcial. O venezolano Ricardo Zurita (High Level – Gsport) ergueu os brazos na liña de meta como gañador dunha etapa con perfil de "clásica".
 

Os 160 quilómetros con inicio e final na localidade ourensá de Xinzo arrancaron con José Luis Faura na terceira posición da xeral, a 18 segundos do líder Pablo García. O Padronés Cortizo tiña a catro ciclistas entre os dez primeiros da xeral e moveu a carreira dende o principio para desgastar ao Polti Kometa. O conxunto de Padrón contou coa esixencia do itinerario pola comarca da Limia como un dos seus grandes aliados. O trazado da etapa presentaba tres portos de 3ª categoría e un dobre paso polo ‘muro’ de Trandeiras, unha explosiva subida non puntuable.

 

Polo primeiro porto, o das Estivadas no km 16, pasou en cabeza Biel Font (Torres Trigón) e pouco despois formouse unha escapada de seis ciclistas composta por Ángel Maneiro (Supermercados Froiz), Manuel Rodríguez (Porminho), Samuel Fernández (Gomur Cantabria), Fabrizio Crozzolo (Technosylva Maglia) e dous representantes do Padronés Cortizo, Francesc Bennassar e Vojtech Kminek.

 

Esta fuga chegou a contar con 2 minutos de vantaxe. Encabezada por Francesc Bennasar nas Metas Volantes de Baltar e de Bande, e por Samuel Fernández no alto de Iermes, o pelotón anulouna antes das primeiras ramplas do Couso. Os ataques sucedéronse nesta subida, apuntándose Pau Matarín o esprint polos puntos da Montaña. Sen tregua no descenso, o checo Kminek conseguiu abrir oco a falta de 50 quilómetros para a conclusión, anotándose a Meta Volante dos Blancos e posteriormente agardando por outros seis corredores que abandonaron a disciplina do grupo principal, un deles o seu compañeiro de equipo José Luis Faura.

 

Os dous ciclistas do Padronés Cortizo fixeron un primeiro paso pola liña de meta xunto a Jose Autrán (Supermercados Froiz), Estanislao Calabuig (Caja Rural – Alea), Charlie Genner (Retelec Ambilamp) Samuel Fernández e Ricardo Zurita. Os últimos 35 quilómetros incluían dúas subidas ao ‘muro’ de Trandeiras, onde Kminek perdeu contacto cos seus acompañantes na primeira ascensión. A diferenza foise achegando ao minuto entre o sexteto e o pelotón, un grupo no que o líder xa só contaba cun compañeiro de equipo.

 

A unidade mantívose entre os seis de cabeza logo de superar por segunda vez a ascensión de Trandeiras e na recta de chegada fixo valer a súa condición de esprínter o venezolano Zurita por diante do chileno Autrán e do asturiano Samuel Fernández, segundo e terceiro respectivamente. Faura deixouse 3 segundos que non lle impediron situarse líder. A 29” rematou un terceto, a 52” un grupo de sete unidades e a 1 min 23 o pelotón con Pablo García, que se despediu da camisola da líder.

 

O elite murciano Faura afronta a última etapa con 33” de marxe respecto ao sub-23 Calabuig. A camisola da Montaña pertence a Pau Matarín, a de mellor galego a Martín Rey e a das Metas Volantes a Francesc Bennassar. Os tres primeiros clasificados da etapa recibiron no podio como trofeos unhas Pantallas de porcelana, o símbolo do Entroido de Xinzo. Nesta cerimonia de entrega de premios participou na súa vila o ciclista profesional Carlos Canal, que colaborou no deseño dunha tirada que non defraudou.

DSC00545
1 / 80

FOTOS: Marcos Argibay.

O pelotón, ao seu paso pola rúa Curros Enríquez, no casco urbano de Xinzo. | FOTO: Marcos Argibay.
2 / 80
DSC00480
3 / 80
DSC00491
4 / 80
DSC00501
5 / 80
DSC00507
6 / 80
DSC00414
7 / 80
DSC00376
8 / 80
DSC00397
9 / 80
DSC00372
10 / 80
DSC00374
11 / 80
DSC00370
12 / 80
DSC00369
13 / 80
DSC00368
14 / 80
DSC00365
15 / 80
DSC00366
16 / 80
DSC00348
17 / 80
WhatsApp Image 2024-09-14 at 15.22.58 (1)
18 / 80

A volta ciclista, ao seu paso por Porqueira.

WhatsApp Image 2024-09-14 at 15.22.58
19 / 80
WhatsApp Image 2024-09-14 at 15.21.46
20 / 80
WhatsApp Image 2024-09-14 at 15.21.46 (1)
21 / 80
WhatsApp Image 2024-09-14 at 15.21.45 (1)
22 / 80
WhatsApp Image 2024-09-14 at 15.21.45
23 / 80
WhatsApp Image 2024-09-14 at 15.21.44
24 / 80
DSC00362
25 / 80
DSC00351
26 / 80
DSC00345
27 / 80
DSC00336
28 / 80

O xornalista Terio Carrera.

DSC00339
29 / 80
DSC00323
30 / 80

Cristina Campero, concelleira de Deportes de Xinzo de Limia, cortando a cinta para a saída neutralizada.

DSC00330
31 / 80
DSC00317
32 / 80

O rexedor antelano, Amador Díaz Penín.

DSC00327
33 / 80
DSC00315
34 / 80
DSC00311
35 / 80
DSC00307
36 / 80
DSC00303
37 / 80
DSC00298
38 / 80
DSC00293
39 / 80
DSC00290
40 / 80
DSC00285
41 / 80
DSC00287
42 / 80
DSC00279
43 / 80
DSC00282
44 / 80
DSC00271
45 / 80
DSC00266
46 / 80
DSC00270
47 / 80
volta a galicia 2024-01
48 / 80

FOTOS: Anabel G. Simón.

volta a galicia 2024-02
49 / 80
volta a galicia 2024-03
50 / 80
volta a galicia 2024-04
51 / 80
volta a galicia 2024-05
52 / 80
volta a galicia 2024-06
53 / 80
volta a galicia 2024-07
54 / 80
volta a galicia 2024-08
55 / 80
volta a galicia 2024-09
56 / 80
volta a galicia 2024-10
57 / 80
volta a galicia 2024-11
58 / 80

O paso do pelotón, agrupado, polo Alto das Estivadas, no Concello de Cualedro.

volta a galicia 2024-12
59 / 80
volta a galicia 2024-13
60 / 80
volta a galicia 2024-14
61 / 80
volta a galicia 2024-15
62 / 80
volta a galicia 2024-16
63 / 80
volta a galicia 2024-17
64 / 80
volta a galicia 2024-18
65 / 80
volta a galicia 2024-19
66 / 80
volta a galicia 2024-20
67 / 80
volta a galicia 2024-21
68 / 80
volta a galicia 2024-22
69 / 80
volta a galicia 2024-23
70 / 80
volta a galicia 2024-24
71 / 80
volta a galicia 2024-25
72 / 80
volta a galicia 2024-26
73 / 80
volta a galicia 2024-27
74 / 80
volta a galicia 2024-28
75 / 80
volta a galicia 2024-29
76 / 80
volta a galicia 2024-30
77 / 80
volta a galicia 2024-31
78 / 80
volta a galicia 2024-32
79 / 80
volta a galicia 2024-33
80 / 80
Nova e intensa xornada deportiva en Xinzo, que confirma a súa paixón polo ciclismo