FOTOGALERÍA | Tarde de risas e moita diversión nas piscinas de Porqueira

Durante toda a tarde houbo inchables con auga na piscina. | FOTOS: Noelia Caseiro.
A xornada rematou cunha festa da espuma coa que todos desfrutaron.

O Concello de Porqueira organizou este xoves unha divertida xornada na piscina municipal da Forxa. Durante toda a tarde tiveron inchables con auga para o desfrute dos usuarios máis pequenos e dos que non. Antes do remate do día, comezou unha festa da espuma que puxo o broche de ouro a esta refrescante actividade de verán.