Unhas 600 persoas desfrutaron este sábado dunha nova edición do xa moi popular magosto do Concello de Porqueira, que cada ano se celebra no campo da festa por estas datas.
O menú, xa de sobra sabido, contando tamén coa colaboración de Coren. Pasáronse pola grella uns 350 kilos de costela de porco, 80 de chourizos e 50 de panceta. Non faltou o pan, a bica, as bebidas e o chocolate para rematar. Na sobremesa... Castañas para todos, ben quentiñas e recén asadas na tixola instalada no campo de fútbol.
E no pavillón municipal de Sarreaus tamén se celebrou un magosto que tiña algún ingrediente adicional ao do anterior: a empanada. Iso si, remataron como se merece calquera festa galega xa cáseque de inverno: con filloas á pedra e unha queimada.
Isabel Garrido, Mercedes Rodríguez, Manuela Aguiar e Concepción Carballo foron as premiadas no primero concurso de Doces de Castaña que se organizaba. Os seus postres foron os mellor puntuados polo xurado, dos 16 que se presentaron.

O Concello de Porqueira dispuxo de atraccións para a cativada. | FOTOS: Xosé Lois Colmenero.

A panceta foi a grande demandada da tarde... Até repetiron na merenda.




Costela, outra das imprescindibles no menús dun bo magosto, como o de Porqueira.

E o chourizo? Que nos din deses exquisitos chourizos donados por Coren?



A loxística, nun magosto, é fundamental: ten que chegar todo quente e a todas as ringleiras.

Susana Vázquez Dorado, a rexedora... Tamén cociñeira, camareira, maître...


Raquel Martínez, a directora do centro residencial de Porqueira, moi pendente dos seus maiores.



Entre prato e prato, momento idóneo para inmortalizar un magosto.



Porqueira precisou dunha carpa adicional. Cada ano son máis os que se achegan á celebración.


Modesta e primeira exposición de produtos locais no magosto de Porqueira.


O chocolate ben quentiño e de pota, para rematar o magosto de Porqueira.


Ano de moitas e boas castañas... Velaquí unha boa proba das que se degustaron en Porqueira.


O "Peitos", sempre presente na que foi a súa festa.

En Sarreaus, o magosto engadiu un concurso de doces. | FOTOS: Cedidas.





