FOTOGALERÍA | Cariñosa festa para despedir a Chemari, o enfermeiro de Porqueira

José María Rodríguez Rúa, Chemari, co agasallo recibido na súa despedida coma enfermeiro de Porqueira. | FOTOS: Noelia Caseiro.
Susana Vázquez Dorado, alcaldesa de Porqueira, non quixo deixar pasar a oportunidade de homenaxear ó que foi enfermeiro no municipio durante décadas.
Foron moitas as mostras do cariño que a veciñanza ten ó que foi o seu enfermeiro durante décadas.
O bar O Dorado, onde sempre tomaba o seu pincho José María Rodríguez, acollía a festa de despedida.
Numerosos veciños e veciñas asistiron á despedida de Chemari.

Logo de décadas coidando á veciñanza de Porqueira coma enfermeiro no Centro de Saúde do municipio, José María Rodríguez Rúa (Chemari), xubílase. Onte, numerosos veciños e veciñas da localidade asistían á festa organizada para rendirlle unha cariñosa despedida.

Non podía ser doutro xeito e o lugar escollido foi o bar O Dorado, local no que Chemari tomaba sempre o seu pincho diario. Ata alí tamén acudía a alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, para agasallalo cun recordo en nome do Concello e de toda a veciñanza á que atendeu ó longo dos anos.

As emocións estaban a flor de pel e foron moitas as mostras do sincero cariño que as xentes de Porqueira lle teñen ó seu, xa, ex enfermeiro.