FOTOGALERÍA | Porqueira honra á Virxe do Carme cunha multitudinaria celebración
16 de julio de 2026 (17:10 h.)
O Concello de Porqueira celebrou este mércores o Día da Virxe do Carme, patroa do municipio, cunha elevada participación na tradicional procesión e na misa solemne organizadas con motivo da festividade.
O acto relixioso percorreu as rúas da localidade antes da celebración da eucaristía, reunindo a numerosos veciños e veciñas nunha xornada marcada pola devoción e a tradición.
Desde o Concello aproveitaron tamén para felicitar a todas as mulleres que celebran o seu santo e lembrar que, con motivo desta festividade, o 16 de xullo foi declarado como festivo local no municipio.