sábado. 27.04.2024
Porqueira

NOTICIAS A LIMIA | A residencia de Porqueira celebra a súa primeira xornada de confraternización

A residencia de maiores de Porqueira contou este xoves coa súa primeira xornada de confraternización, na que participaron os usuarios, as súas familias e tamén o persoal do centro. "A xente quedou moi contenta", destaca a directora, Raquel Martínez, sobre esta actividades festiva que reuniu a case 100 persoas. A alcaldesa, Susana Vázquez, foi unha delas. 

 

Este centro, dependente do Concello, abriu as súas portas no 2019 e este tipo de actividades non foron posibles antes por culpa da pandemia. Agora, lonxe desa complicada situación sanitaria, a dirección do centro decidiu organizar esta xornada que tiñan pendente. "Despois da pandemia era moi necesario xuntarnos todos outra vez e pensamos que o verán é a mellor época, porque hai moitos familiares que veñen de fóra", explica a directora.

 

Os asistentes desfrutaron coa música dos gaiteiros da localidade e tamén coa merenda que se preparou para a ocasión. Ademais, co obxectivo de facer a tarde máis divertida, houbo unha tómbola na que participaron todos. "Pasamos unha tarde diferente e foi moi bo para os usuarios", afirma Martínez. Neste centro contan con 24 residentes e en breve entrará en funcionamento a súa ampliación, polo que contarán con 18 prazas máis.

 

Estas actividade é un engadido para os residentes, xa que no seu día a día forman partes de obradoiros de estimulación cognitiva, de memoria e ata de cociña, aos que se lles suman sesións xerontoximnasia coa fisioterapeuta. Pese a iso, Martínez recoñece que "é importante facer cousas diferentes para que non todos os días sexan iguais".

 

A intención dende a dirección do centro é repetir esta xornada noutras ocasións, escollendo unha data no verán para facela. Este é a única festa que comparten cos seus familiares, xa que os usuarios, antes da pandemia, desfrutaron de festas como o magosto que organiza o Concello ou o entroido. A crise sanitaria paralizou todo fóra do centro e este ano recuperaron a normalidade.

image00047_Easy-Resize.com
1 / 47

A xornada de confraternización na residencia de Porqueira estivo chea de bailes. | FOTOS: Noelia Caseiro.

image00046_Easy-Resize.com
2 / 47

Houbo música cos gaiteiros da localidade.

image00045_Easy-Resize.com
3 / 47
image00044_Easy-Resize.com
4 / 47

A alcaldesa, Susana Vázquez, non faltou a este festexo.

image00043_Easy-Resize.com
5 / 47
image00042_Easy-Resize.com
6 / 47
image00041_Easy-Resize.com
7 / 47

Os usuarios desfrutaron do día coas súas familias e co persoal do centro.

image00040_Easy-Resize.com
8 / 47
image00039_Easy-Resize.com
9 / 47
image00038_Easy-Resize.com
10 / 47
image00037_Easy-Resize.com
11 / 47
image00036_Easy-Resize.com
12 / 47

Na festa houbo tempo para a música, pero tamén para merendar.

image00035_Easy-Resize.com
13 / 47
image00034_Easy-Resize.com
14 / 47
image00033_Easy-Resize.com
15 / 47
image00032_Easy-Resize.com
16 / 47
image00031_Easy-Resize.com
17 / 47
image00030_Easy-Resize.com
18 / 47
image00029_Easy-Resize.com
19 / 47
image00028_Easy-Resize.com
20 / 47

Houbo petiscos para todos os asistentes.

image00027_Easy-Resize.com
21 / 47
image00026_Easy-Resize.com
22 / 47
image00025_Easy-Resize.com
23 / 47
image00024_Easy-Resize.com
24 / 47
image00023_Easy-Resize.com
25 / 47
image00022_Easy-Resize.com
26 / 47

A alcaldesa tamén bailou con algúns usuarios.

image00021_Easy-Resize.com
27 / 47
image00020_Easy-Resize.com
28 / 47
image00019_Easy-Resize.com
29 / 47
image00018_Easy-Resize.com
30 / 47
image00017_Easy-Resize.com
31 / 47
image00016_Easy-Resize.com
32 / 47
33 / 47
image00014_Easy-Resize.com
34 / 47
image00013_Easy-Resize.com
35 / 47
image00012_Easy-Resize.com
36 / 47
image00011_Easy-Resize.com
37 / 47
image00010_Easy-Resize.com
38 / 47
image00009_Easy-Resize.com
39 / 47
image00008_Easy-Resize.com
40 / 47
image00007_Easy-Resize.com
41 / 47
image00006_Easy-Resize.com
42 / 47
image00005_Easy-Resize.com
43 / 47
image00004_Easy-Resize.com
44 / 47
image00003_Easy-Resize.com
45 / 47
image00002_Easy-Resize.com
46 / 47
image00001_Easy-Resize.com
47 / 47
NOTICIAS A LIMIA | A residencia de Porqueira celebra a súa primeira xornada de...